Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 196 martes, 27 de agosto de 2019

BOP de Lugo
3.3. Ter presentada a solicitude de reserva de praza ou solicitude de admisión para un posto escolar no centro sostido con fondos públicos no Concello de Lugo.
3.4. Non gozar doutras axudas, bolsas ou subvencións de igual ou semellante finalidade outorgada por organismos ou institucións públicas ou privadas, sendo polo tanto estas axudas incompatibles con calquera outra axuda.
3.5. A renda familiar para os efectos de bolsa obterase por agregación das rendas do exercicio 2018 de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os datos económicos para ter en conta nas rendas familiares para determinar os ingresos serán os calculados por agregación da base impoñible xeral casiña 435 coa base impoñible do aforro casiña 460, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Para o cálculo da renda familiar para os efectos de bolsa, son membros computables da familia según se define no Decreto 18/2014 no seu artigo 4: o pai, a nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do/a menor, se é o caso, a persoa solicitante, as e os irmáns solteiros menores de dezaoito anos, que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do 2018 ou as e os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
4º.- Forma e prazo de presentación de solicitudes.
1.- As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 15 dias hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto destas no BDNS no Boletín Oficial da Provincia e se inserirán no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do Concello, acompañada dos documentos e informacións que procedan.
2.- A persoa interesada deberá acompañar a solicitude da seguinte información:

b Fotocopia do DNI da nai e do pai, ou persoas que representen legalmente á nena ou neno.
c Fotocopia cotexada do libro de familia ou, de ser o caso, da resolución xudicial ou administrativa pola que se lle confía a garda e protección do/s menor/es da persoa solicitante.
d Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola persoa solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais, ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.
e Declaración responsable de non estar incurso/a en prohibición para obter a condición de beneficiario/a da subvención conforme o establecido no artigo 13.7 da Lei 38/2003.
f Certificación ou informe de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social. Así mesmo comprobarase, tras autorización da persoa interesada, incluída na solicitude, da circunstancia de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias fronte ao Estado e Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén, é de oficio, comprobarase a circunstancia de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias municipais.
g Certificación expedida pola Agencia Tributaria expresiva da declaración da renda do exercicio 2018 ver punto 3.5
h Documentación acreditativa dos ingresos daquelas persoas en situación de divorcio, separación ou nulidade matrimonial sentenza xudicial e convenio regulador.
i Certificación ou certificacións do centro onde as e os alumnos realicen os estudos e na que se xustifique o curso no que están matriculadas e matriculados. Tal certificación aportarase por aqueles solicitantes aos que lles sexa concedida axuda dentro do período establecido para a entrega de vales.
A Concellería de Educación presentará unha memoria explicativa da actividade que se vai levar a cabo.
5º.- Procedemento.
O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 28, 29 e 30 da Ordenanza municipal de Subvencións coas seguintes precisións:
1. Presentadas as solicitudes en calquera dos lugares establecidos legalmente, remitiránselle á Concellería de Educación, que procederá en función do obxecto e finalidade da subvención solicitada.
2. O órgano instrutor será un/unha técnico/a competente da Concellería de Educación, que realizará as actuacións que se sinalan no artigo 28 da Ordenanza municipal de subvencións.
3. A Comisión de Valoración constituída para o efecto terá a seguinte composición:
- Presidenta/e: Pedagoga da Concellería de Educación.
- Vogais: persoal do servizo correspondente designado para o efecto
Anuncio publicado en: Num BOP 196 año 2019 26/08/2019 12:03:07
27/08/2019 08:00:00

a Solicitude en modelo específico subscrita pola persoa interesada.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/08/2019

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions