Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 19 DE AGOSTO DE 2019

N.º 189

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOVILIDADE. AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
SERVIZO PROVINCIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 12 de agosto de 2019 do Servizo Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de Fomento da mobilidade sostible. Senda na LU-621. Treito: A Pobra de San Xiao - Urbanizacion de Valdriz de clave LU/16/251.06. Concello de Láncara.

Con data de 24 de abril de 2019, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construcción do Fomento da mobilidade sostible. Senda na LU-621. Treito: A Pobra de San Xiao - Urbanizacion de Valdriz de clave LU/16/251.06.
Con data de 9 de maio de 2019 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de Fomento da mobilidade sostible. Senda na LU-621.
Treito: A Pobra de San Xiao - Urbanizacion de Valdriz, no concello de Láncara clave LU/16/251.06, por Decreto 51/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 98 de data de 24 de maio de 2019.
A tramitación do expediente expropiatorio debe de axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de Expropiación Forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento de 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este Servizo, en virtude da Orde de 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta Consellería, publicada no DOG nº179 do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Láncara, para que comparezan no lugar, data e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Lugar: Salón de plenos do Concello de Láncara Data: 11 de setembro de 2019
Horario: de 10,00 a 11,00 horas A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Láncara e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas de Lugo Edificio Administrativo, Ronda da muralla, nº 70 27071 Lugo.
A dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta cos códigos IBAN E BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar á súa costa, se o estiman oportuno dos seus peritos e notarios.
Lugo, 12 de agosto de 2019.- O xefe do Servizo Provincial Por Delegación Orde do 7 de setembro de 2017 da Consellería de Infraestruturas e Vivenda Gonzalo Vázquez Cabo Por Substitución. Resolución de 17 de xullo de 2013.
R. 2503

Anuncio publicado en: Num BOP 189 año 2019 16/08/2019 14:31:46
19/08/2019 08:00:00

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da comunidade autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/08/2019

Page count30

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones