Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2019 - Page 1

*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Text version*

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 30 DE AGOSTO DE 2019

N.º 199

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E SOCIAL. SERVIZO DE COMUNICACIÓNS E TICS
Anuncio DECRETO
Tras ver a proposta do deputado delegado da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes, a teor do seguinte texto:
ANTECEDENTES

No marco do Plan de modernización da Administración autonómica, a Xunta impulsou os servizos dispoñibles no nodo de interoperabilidade Pasaxe!. Pasaxe! é a plataforma tecnolóxica que permite o intercambio de información entre as administracións autonómica, estatal e local evitando ao cidadán achegar documentación que xa está en poder das administracións públicas.
SEGUNDO. A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas veu a sistematizar toda a regulación relativa ao procedemento administrativo, clarificando e integrando o contido das leis 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, buscando tamén a axilización dos procedementos cun pleno funcionamento electrónico. En virtude desta lei, os cidadáns e as cidadás poderían realizar todas as súas xestións administrativas por medios electrónicos. Desta forma, as administracións públicas quedaban obrigadas a ofrecer os seus servizos por internet, dispositivos móbiles ou calquera medio electrónico futuro.
LEXISLACIÓN APLICABLE
A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:

A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local art. 36.1.g.

A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e garantía dos dereitos dixitais.

O Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica.

O Real Decreto 3/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica.

A Resolución de 28 de xuño de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se aproba a Norma Técnica de Interoperabilidade de Protocolos de intermediación de datos que establece o modelo operativo da interoperabilidade a nivel nacional.
A Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se aproba a versión 1.1 das Guías para a habilitación electrónica de procedementos.
O Plan de Administración e Goberno Dixitais Horizonte 2020 da Xunta de Galicia.

CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS
PRIMEIRA. A INTEROPERABILIDADE
De acordo co artigo 28.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas os interesados non estarán obrigados a achegar documentos que fosen elaborados por calquera Administración, con independencia de que a presentación dos citados documentos teña carácter
Anuncio publicado en: Num BOP 199 año 2019 29/08/2019 11:11:19
30/08/2019 08:00:00

PRIMEIRO. O Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica veu a regular, no seu artigo 12, o uso de infraestructuras e servizos comúns e ferramentas xenéricas obrigando ás administracións públicas a enlazar aquelas infraestructuras e servizos que poidan implantar no seu ámbito de actuación coas infraestructuras e servicios comúns que proporcione a Administración Xeral do Estado para facilitar a interoperabilidade e a relación multilateral no intercambio de información e de servizos entre todas as Administracións públicas.