Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 21 DE AGOSTO DE 2019

N.º 191

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. ZONA
HIDROGRÁFICA DE GALICIA-CENTRO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
A Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art.
52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.67851

No proxecto modificado o viaduto situado entre os PK 9+210 e 10+207 pasa a ser un viaduto de taboleiro único de 977 mts de lonxitude. A sección constará dun caixón central monocelular in situ de formigón postesado e voadizos laterais apoiado nunha única pía central. En total o viaduto contará con 15 pías e 16 vans, de lonxitudes de 45, 60 e 70 mts. A lonxitude do van central sobre o río Pambre ampliase ata os 87 metros.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Melide ou nas oficinas deste servizo, situadas na Rúa Tomiño, 16 baixo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de2019.- Xefe do Servizo Territorial, Ángel Gómez Rey.
R. 2502

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA PARA A INSCRICIÓN, ADMISIÓN E SELECCIÓN DOS E DAS ARTESÁS
PARTICIPANTES NA MOSTRA DE ARTESANÍA ARTESANFROILÁN 2019, DA ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA
E DESEÑO E MEMORIA HISTÓRICA.
PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen como obxecto establecer as condicións de participación dos e das artesás da mostra ARTESANFROILÁN 2019 organizada polo centro de artesanía e deseño da Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica da Deputación de Lugo en adiante CENTRAD.
SEGUNDA: PARTICIPANTES
A presente convocatoria está aberta a todas e todos os artesáns para participar na mostra Artesanfroilán 2019, para o cal todas as persoas interesadas deberán cumprir os requisitos establecidos nas presentes bases.
Para os efectos destas bases, poderán participar os e as artesáns que realicen calquera actividade recollida no Anexo IV do Decreto 218/2001, de 7 de setembro polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía agás os que realicen actividades da súa división 15 Industrias de produtos alimenticios e bebidas.
A participación nesta Mostra está reservada a artesás e artesáns cuxa produción sexa exclusivamente de creación e produción propia, e cuxo material responda ao proceso de transformación e elaboración dunha determinada materia prima; entendéndose este proceso como un cambio substancial na referida materia.

Anuncio publicado en: Num BOP 191 año 2019 21/08/2019 09:43:32
09:45:00

Solicita autorización para as obras recollidas no Proxecto Modificado nº 1 das obras Autovía Lugo-Santiago A54 Tramo: enlace de Palas de Rei enlace de Melide sur nas que se modifica o viaduto sobre o río Pambre.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/08/2019

Page count15

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones