Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/08/2019 - Page 1

*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Text version*

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 23 DE AGOSTO DE 2019

N.º 193

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio NOMEAMENTO PARA PROVER, MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, UNHA PRAZA DE
TÉCNICO/A DE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL, QUENDA LIBRE, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2017.

Celebrado o procedemento selectivo de Técnico/a de Xestión Medioambiental, cuxa convocatoria e bases específicas fixéronse públicas nos Boletíns Oficiais da Provincia número 246, de 26 de outubro de 2018 e número 281 de 10 de decembro de 2018, vista a proposta do Tribunal Cualificador, e visto que a aspirante presentou a documentación á que se refire o punto 13.1 das Bases Xerais que rexe a convocatoria, cumprindo polo tanto os requisitos esixidos, esta Presidencia, atendendo á proposta do Tribunal Cualificador e de acordo co punto 14.1
das Bases Xerais, propón á Xunta de Goberno a resolución definitiva do procedemento selectivo sinalado nomeando a:
Dona Andrea Macho Benito, para ocupar a praza número 855 de Técnica de Xestión Medioambiental, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Medios, Grupo A, Subgrupo A2, do cadro de persoal funcionario, correspondente á Oferta de Emprego para o ano 2017, cuxas bases fixéronse públicas no Boletín Oficial da Provincia número 246, de 26 de outubro de 2018 e número 281, de 10 de decembro de 2018;
asignándoselle o posto de Técnica de Xestión Medioambiental nº 1339.
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
O presente acordó faise público para cumprimento do punto 14.2 das Bases Xerais que rexen a convocatoria.
Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación Provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do presente acordo no BOP ou recurso Contencioso-Administrativo ante o Xulgado do ContenciosoAdministrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente.
Pazo Provincial, 21 de agosto de 2019.- A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.
R. 2579

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN POSTO DE TRABALLO.

-

Posto: Un Operario de desbroces.

-

Especialidade: Un operario-conductor de maquinaria forestal con motor, grupo de cotización 10.

-

Modalidade contractual: Contrato laboral temporal a tempo completo.

-

Duración prevista do contrato: Contrato por obra ou servizo cunha duración de tres meses.

Anuncio publicado en: Num BOP 193 año 2019 22/08/2019 12:07:56
23/08/2019 08:00:00

Logo de ver a proposta da Sra. Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo do seguinte teor.