Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 196 martes, 27 de agosto de 2019

BOP de Lugo
2. Informe proposta do Servizo de Educación de bases polas que se regula a concesión de subvención a familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo no Segundo Ciclo de Educación Infantil para o curso escolar 2019-20, de data 19 de xullo de 2019.
3. Informe de Intervención do día 12 de agosto de 2019, con número de referencia 56179/19 coa fiscalización favorable, obrante no expediente.
ANTECEDENTES DE FEITO
1º.- O outorgamento de subvencións é unha técnica utilizada polo Concello de Lugo para o fomento e protección dos dereitos fundamentais, a través dun procedemento de concorrencia competitiva, axustada aos principios de obxectividade, transparencia e publicidade, que permite, neste caso concreto, a prestación de axudas á familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo no segundo ciclo de educación infantil.
2º.- A experiencia dos últimos anos e o aumento do número de persoas que solicitaron axudas e á vista dos resultados acadados, fan procedente a convocatoria para este exercicio 2019-2020 de subvencións para a compra de libros, como unha forma de apoio a aquelas familias que teñan serios problemas para poder cumprir co obxectivo fundamental de dotar aos seus fillos dunha educación digna.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
1º.- Visto o artigo 25.1 da Ordenanza Xeral Municipal reguladora da concesión de subvencións do Excmo Concello de Lugo, no que se establece para os procedementos de concesións de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, que con carácter previo ao outorgamento de subvencións se aprobarán as correspondentes bases reguladoras das subvencións.

É polo que, logo dos trámites oportunos, e de conformidade co acordo 28/452 no seu punto primeiro p de delegación de competencias nas/os concelleiras/os delegadas/os e tenentas/es de Alcalde delegadas/os de Área, se lle propón á Xunta de Goberno Local a adopción da seguinte resolución:
PRIMEIRO.- Que se proceda á convocatoria de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2019/2020 de conformidade co establecido nas presentes bases.
SEGUNDO.- Aprobar o gasto inicial de 40.000 euros, con cargo á partida 32600.48100 do vixente orzamento municipal.
TERCEIRO.- Esta convocatoria rexerase polo establecido nas seguintes BASES POLAS QUE SE REGULA A
CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
E MATERIAL EDUCATIVO NO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO ESCOLAR 2019-2020.
1º.- Obxecto e finalidade da subvención.
Esta bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo fichas, estoxos, mochilas e material de papelería para educación infantil, para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.
2º.- Contía que se vai subvencionar.
O importe inicial destinado a estas axudas ascende inicialmente a 40.000€.
A contía individual das axudas será de 100€, consistente nun vale desconto para trocar nas librerías do Concello de Lugo. A convocatoria financiarase con cargo á partida 32600.48100 do vixente presupuesto do Concello de Lugo.
3º.- Persoas beneficiarias.
As axudas poderán ser solicitadas polas familias do alumnado que reúna os seguintes requisitos:
3.1. Os membros da unidade familiar do alumnado, tal como resulta definida na regulación do imposto sobre a renda das persoas físicas, deberán estar empadroados no municipio de Lugo. A Concellería de Educación solicitará de oficio a Estatística os xustificantes de convivencia das/os membros da unidade familiar das/os solicitantes destas axudas.
3.2. A orde de preferencia para a adxudicación das axudas será:
Primeiro. Aquelas alumnas e aqueles alumnos cuia renda familiar anual non supere o 0,66 veces o IPREM, e establécese como único criterio de baremo a contía da renda de menor a maior.
Segundo. No caso de que o número de solicitudes non supere o número de bolsas ofertadas, seguiranse dando bolsas a aqueles beneficiarios e beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere o 0,80 veces o IPREM.

Anuncio publicado en: Num BOP 196 año 2019 26/08/2019 12:03:07
27/08/2019 08:00:00

2º.- Considerando que o Concello de Lugo ten aprobado o IV Plan estratéxico de subvencións, actualización ano 2019, para a concesión de subvencións en réxime de concurrencia competitiva e que estas bases se axustan a él, por acordo núm 29/421 da Xunta de Goberno Local na súa sesión celebrada o día 10 de xullo de 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/08/2019

Page count14

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions