Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 191 mércores, 21 de agosto de 2019

BOP Lugo
8.- De forma opcional os e as solicitantes poderán aportar copia da vida laboral se desexan que a información deste documento sexa tida en conta nas valoracións, así como os documentos acreditativos de estar inscrito/a na marca Artesanía de Galicia e/ou ter o obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, así como calquera documentación que estime oportuno entregar para poder valorar segundo os criterios establecidos na base sexta.
SEXTA: SELECCIÓN
Rematado o prazo de solicitude de participación na mostra, unha Comisión valorará as solicitudes presentadas e emitirá unha proposta de resolución das persoas admitidas para participar en ARTESANFROILÁN 2019.
Esta Comisión estará formada por persoal da Deputación Provincial de Lugo e rexerase segundo o establecido para os órganos colexiados nos artigos 15 e seguintes da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
A selección dos participantes na mostra farase con base nos criterios que se expoñen a continuación:
1. Calidade do proxecto presentado e procesos de elaboración baseándose en criterios comparativos en relación coas solicitudes presentadas, valorando a presentación, redacción, etc.: 0 a 5 puntos 2. Antigidade da Carta de Artesá na data de finalización de presentación de solicitudes:
a. Menor o igual a 5 anos 5 puntos b. Máis de 5 anos 10 puntos 3. Presenza en Feiras de Artesanía para profesionais no último ano 5 puntos 4. Innovación técnica:
a. Utilización de novas técnicas para a disciplina 5 puntos
5. Difusión e Implantación en redes:
a. Páxina Web 5 puntos b. Blog 3 puntos c. Redes sociais 2 puntos 6. No caso de posto compartido 15 puntos 7. Deseño verde:
a. Materiais autóctonos 5 puntos b. Materiais ecolóxicos 5 puntos 8. Identificación coa zona de procedencia e elaboración do produto:
a. Materiais 5 puntos b. Deseño 5 puntos 9. Deseño do posto baseándose en criterios comparativos en relación coas solicitudes presentadas de 0 a 5
puntos 10. Incorporación á marca Artesanía de Galicia 5 puntos 11. Ter o Obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia 5 puntos En caso de empate na puntuación, terá preferencia utilizando por orde os seguintes criterios:
1º As disciplinas, que no seu caso, non estivese representada, co fin de lograr a máis ampla e variada oferta da mostra.
2º Terán preferencia as e os artesáns da provincia de Lugo, segundo a carta de artesá.
3º As solicitudes con número de entrada en rexistro anterior ao posterior.
Con base nos criterios expostos, a citada Comisión proporá unha listaxe ordenada de artesás e artesáns seleccionados ao Presidente da Deputación de Lugo, quen resolverá.
A resolución que poña fin ao procedemento de selección deberá expresar as persoas adxudicatarias seleccionadas de cada posto, así coma unha lista de reserva, para os efectos de que, en caso de renuncia, a comisión de selección cubrirá a vacante co artesán ou artesá suplente, a través da listaxe de suplencias que a tal efecto elaborará a comisión no momento de emisión do seu ditame, contra esta resolución caberán os recursos pertinentes establecidos na Lei 39/2015 e demais normativa de aplicación.

Anuncio publicado en: Num BOP 191 año 2019 21/08/2019 09:43:32
09:45:00

b. Incorporación de novos materiais na disciplina 5 puntos

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/08/2019

Page count15

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions