Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 191 mércores, 21 de agosto de 2019

BOP Lugo
A presentación da solicitude de participación nesta mostra ARTESANFROILÁN 2019 implica a aceptación total das presentes bases.
Ante calquera aspecto non recollido nestas bases no relativo ao proceso de valoración a admisión de solicitudes, o CENTRAD da Deputación de Lugo, a proposta da Comisión de selección, resolverá segundo se considere o máis axeitado para o mellor desenvolvemento do evento/ mostra.
Os artesáns/artesás seleccionados estarán obrigados ao pago do precio público estipulado 360 € no prazo de 5
días naturais dende a publicación da listaxe de artesáns/artesás seleccionados.
QUINTA: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas en participar na mostra Artesanfroilán 2019 deberán presentar o modelo normalizado de solicitude que se achega como Anexo I ,- xunto coa documentación restante requirida no punto 5º das basesno Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo San Marcos, 8 - 27001 Lugo, ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O prazo de presentación será de 7 días naturais dende o día seguinte ao da publicación das Bases no Boletín Oficial da Provincia.
Toda solicitude presentada fóra do prazo indicado nas presentes bases será excluída do proceso de selección para participar da mostra Artesanfroilán 2019.
As solicitudes irán acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
1.- Modelo de solicitude debidamente cumprimentado Anexo I
2.-Copia da Carta de Artesán ou Artesá.

4.- Memoria técnica e descritiva do material e do proceso de elaboración dentro da disciplina artesanal correspondente e relación e fotografías dos produtos a expoñer e de proposta expositiva para a presente mostra.
A memoria deberá ter un tamaño máximo de A4 e unha dimensión máxima de 25 páxinas por unha cara incluíndo a portada, no caso de presentación conxunta presentarase unha única memoria polos/polas dous/dúas solicitantes, todas elas deberán seguir o seguinte esquema:
- Portada. Datos de Artesán/Artesá, obradoiro, etc.. 1 páxina - Traxectoria do artesán/artesá e obradoiro. Currículo profesional que inclúa a data de inicio e traxectoria, así como mención a páxina web, blog ou redes sociais, no caso de utilizar algunha destas ferramentas. Máx. 2
páxinas.
- Materiais e técnicas empregadas. Máx. 2 páxinas.
a Materiais utilizados b Descrición das técnicas empregadas.
Este apartado deberá ir acompañado dunha secuencia de fotos en pequeno formato mostrando a transformación da materia prima ata o produto final.
- Líneas de Produtos elaborados. Máx. 10 páxinas a Relación detallada dos produtos que se poñerán á venda no mercado. Máx. 1 páxina b Foto do posto montado anteriormente ou proposta de montaxe. Máx. 1 páxinas.
c Fotografías variadas do traballo onde se poida apreciar a súa calidade. Máx. 8 páxinas.
Recoméndase que a memoria sexa elaborada coidadosamente, xa que é a ferramenta da que dispoñen os/as integrantes da comisión de selección para coñecer o traballo dos e das artesáns.
5. Compromiso de aceptación por parte do solicitante no que se asuma a responsabilidade de obter os permisos municipais correspondentes para a entrada de vehículos participantes na mostra aos efectos de montaxe, desmonte, carga e/ou descarga. Anexo II
6.-Compromiso de aceptación dos participantes nesta Mostra, conforme asumen todas as responsabilidades derivadas da montaxe, desmonte do produto a expoñer, as perdas, danos, furtos de materiais ou produtos durante o transcurso da mostra así como de calquera dano persoal ou material a terceiros, incluídos os danos producidos por catástrofes de calquera tipo, segundo se establece no punto 4 das bases. Anexo II.
7.- Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións de contratar que establece o artigo 71 Da Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público, así mesmo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Anexo II

Anuncio publicado en: Num BOP 191 año 2019 21/08/2019 09:43:32
09:45:00

3.- Copia do DNI ou NIF da empresa.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/08/2019

Page count15

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones