Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 191 mércores, 21 de agosto de 2019

BOP Lugo
TERCEIRA: LUGAR, DATA E CARACTERÍSTICAS
A mostra desenvolverase na praza Anxo Fernández Gómez de Lugo, entre os días 3 de outubro de 2019 e 13 de outubro de 2019, en horario de 11:00 h. a 14:00h. e de 17:00 a 21:00 h.
Os postos disporán de iluminación e contarán cunha saída de luz para o uso do artesán/artesá expositor CUARTA: CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas interesadas en participar na mostra Artesanfroilán 2019 deberán presentar a solicitude coa documentación requirida no prazo e forma establecida nas presentes bases.
Poderán participar individualmente ou conxuntamente, en cuxo caso deberase indicar expresamente na solicitude, e en consecuencia deberán achegar a documentación correspondente e esixible a cada participante.
No suposto de participación conxunta e, de acordo coas indicacións na solicitude, o posto poderase compartir por un máximo de dous artesáns/artesás.
En todo caso, aqueles artesáns/artesás que decidan participar conxuntamente, deberán cumprir, respectivamente e por separado, todos e cada un dos requisitos esixidos. O incumprimento dos referidos requisitos por parte de un dos dous participantes da solicitude de participación conxunta non invalidará a admisión daquel que si os cumpra, debendo adaptarse as circunstancias derivadas desa situación, de xeito que non implique deterioro na imaxe e desenvolvemento da mostra. Nese sentido, o CENTRAD poderá ditar as instrucións precisas para o mellor desenvolvemento e execución da mostra.
A mostra estará formada por 21 postos de 3 X 2 metros, cada unha delas e con cadro eléctrico e iluminación.

O/a expositor/a comprométese a manter aberta a caseta no horario fixado para a feira e ter polo menos unha persoa á fronte do mesmo, que representará ao/a solicitante.
O/a expositor/a deberá ter visible ao público a carta de artesán/artesá.
Así mesmo, comprométese a non ceder ou transferir en ningún caso a terceiros, os dereitos de participación concedidos pola organización.
O CENTRAD será o encargado de definir a organización e colocación dos postos de acordo coas solicitudes presentadas, na perspectiva da correcta imaxe e execución da mostra e da óptima presentación da oferta artesanal que se promove, así como procurarase unha rotación dos/as artesáns seleccionados en relación con anos anteriores.
A Deputación de Lugo resérvase o dereito de instar á retirada inmediata no transcurso da Mostra de aqueles produtos que non cumpran os requisitos recollidos nas Bases, ou daquela oferta expositiva que por razóns acreditadas puidera supoñer dano ou prexuízo para o contido ou mensaxe da mostra da propia Deputación de Lugo.
De acordo coa lexislación vixente en materia entre homes e mulleres e de protección contra a violencia de xénero, queda expresamente prohibida a exposición de produtos ou actividades que inclúan tácita ou implicitamente contidos ou publicidade sexista ou que se poida considerar discriminatorias, vexatorias ou que xustifiquen, banalicen ou inciten á desigualdade de xéneros ou á violencia de xénero.
Na consideración do deber da Administración Pública de promoción do uso da lingua galega, a lingua de uso da mostra será o idioma galego.
A Mostra estará cuberta pola póliza de seguro de responsabilidade civil da Deputación de Lugo. De igual xeito, as persoas adxudicatarias deberán ter subscrita tamén unha póliza de responsabilidade civil para a actividade que desenvolvan.
A Deputación de Lugo non se fai responsable de perdas, danos ou furtos de materiais ou produtos durante o transcurso da mostra así como de calquera dano persoal ou material a terceiros, incluídos os danos producidos por catástrofes de calquera tipo.
Os produtores/as aceden a que a Deputación de Lugo fotografe, debuxe ou filme as instalacións, así como os servizos e/ou artigos expostos nos mesmos e a utilizar estas reproducións nas súas publicacións, na páxina web e nos medios de comunicación. A persoa ou entidade que expón ten dereito a fotografar o seu propio posto e os seus propios produtos, durante as horas de celebración da Mostra.
Non se permitirá máis música ambiental que a seleccionada pola organización de Artesanfroilán 2019.
Se por circunstancias de forza maior, a Deputación de Lugo se vira obrigada a desconvocar ou suspender a celebración da mostra, esta desconvocatoria e/ou suspensión non implicará indemnizacións de ningunha natureza para os/as expositores/as admitidos/as.

Anuncio publicado en: Num BOP 191 año 2019 21/08/2019 09:43:32
09:45:00

Asegurar nas súas casetas as necesarias condicións de limpeza, hixiene, atención ao cliente, durante os días que dure a feira. Os traballos de acondicionamento do posto de cada expositor será o día 3 de outubro dende ás 8:00 horas, e deberán estar concluídos o mesmo día ás 17:00 horas. O desmonte e retirada dos elementos de cada caseta deberá realizarse como máximo ás 12:00 horas do 14 de outubro de 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/08/2019

Page count15

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions