Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

128

Núm. 185 martes, 13 de agosto de 2019

BOP Lugo
A colocación de anuncios ou carteis publicitarios dentro das zonas de protección de vías da rede estatal ou autonómica: Cumprirán co establecido Lei 37/2015, de 29 de setembro, de Estradas; e cas disposición ao respecto recollidas na Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia; ó anterior, a salvo de normativa que sustituise ás anteriroes.
6.2.13 EDIFICACIÓNS AUXILIARES
As edificacións que se executen con carácter permanente ou semipermanente, como elementos auxiliares das obras públicas, deberán respectar a paisaxe, sen que sexa escusa o seu carácter standard para implantacións que supoñan un atentado ás características da zona.
6.2.14 CEMITERIOS DE COCHES OU DEPÓSITOS DE CHATARRA
Para a concesión de licenzas deste tipo de industria terase en conta a relación coa paisaxe, non admitíndose aquelas localizacións que supoñan un atentado contra el. Esixiranse unhas condicións hixiénicas mínimas e pecharanse á vista con pantallas de arboledo.
6.2.15 TENDIDO DE LIÑAS ELÉCTRICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS
Deberán respectar en todo caso as distancias de protección esixidas pola normativa vixente e nos proxectos das mesmas contemplarase especificamente o seu trazado, co fin de evitar no posible alteracións graves na paisaxe.
6.2.16 MOBILIDADE
Mellorar a mobilidade require a aplicación de medidas conxuntas que faciliten os desprazamentos, reduzan os tempos e diminúan o impacto ambiental ocasionado, é dicir, que sirvan para aumentar a calidade de vida das persoas.

Ademais do anterior, nos desenvolvementos urbanísticos, estarase ás condicións determinadas en apartado específico do documento Regulación do Solo e Ordenanzas.
6.2.17 XESTIÓN ENERXÉTICA
Establécense a continuación medidas cuxa base obxectiva radica na minimización dos efectos negativos que as actuacións derivadas da ordenación na xestión enerxética do Municipio, determínanse as que seguen:
Implantaranse elementos que permitan a redución global do consumo de enerxía e o aumento da súa eficiencia.
Proponse a incorporación de reductores de fluxo na instalación eléctrica de iluminación que permitan xestionar mellor o consumo eléctrico.
As edificacións residenciais e aquelas públicas emprazadas nos espazos dotacionais, disporán de sistema de contribución solar para auga quente sanitaria, constituída por paneis ou captadores solares, acumulador solar e restante instalación. Empregaranse sistemas de calefacción respectuosos co consumo enerxético, de maneira que en caso optar por sistemas de calefacción eléctrica, acreditarase o uso de equipos de baixo consumo.
Restrinxirase o uso lámpadas incandescentes por uso baixa eficiencia enerxética; fomentando o uso de lámpadas de descarga de vapor pola súa maior eficiencia mellores rendementos luminotécnicos para menores requirimentos de potencia. Velarase, así mesmo, polo adecuado illamento envolvente térmica das edificacións.
As luminarias de iluminación viaria acreditarán o equipamento de lámparas de descarga de vapor de baixo consumo enerxético e só poderá facerse uso delas en ausencia de luz natural. Co fin de garantir a redución da contaminación lumínica e a maior eficiencia da utilización da enerxía estudarase a utilización de pantallas reflectoras que permitan concentrar a iluminación das zonas máis necesarias como o sistema viario e evitar así a dispersión da luz.
En proxecto de edificación limitarase o servizo as vivendas unifamiliares previstas, de modo que a compañía distribuidora concederalle un grao de Electrificación Baixo 5.750 W a 230 V, baixo as prescricións técnicas recollidas no Regulamento Electrotécnico en Baixa Tensión, ou o que establecer no seu momento normativa de aplicación; a salvo que normativa sectorial establecera outros graos de electrificación.
Velarase polo cumprimento das determinacións de solo rústico de protección de infraestruturas establecidas polo Plan Xeral, ademais das demais consideracións impostas pola lexislación sectorial de aplicación.

Quiroga, 7 de agosto de 2019.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez.
R. 2457

Anuncio publicado en: Num BOP 185 año 2019 12/08/2019 13:39:53
13/08/2019 08:00:00

Por iso, con carácter previo á concesión de calquera licenza de nova edificación de uso característico residencial, industrial ou dotacional, ante o Concello ou outra Administración que outorgue en competencia dita licenza, acreditarase a suficiencia do servizo de transporte público taxi, autobús, etc. ao lugar no que se prevé emprazar dita implantación de uso.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/08/2019

Page count129

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions