Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

127

Núm. 185 martes, 13 de agosto de 2019

BOP Lugo
necesario considerar a forma e dimensión das especies, a súa textura, coloración e fenología para alcanzar a mellor integración paisaxística e ecolóxica.
Prevalecerá a instalación enterrada nas novas instalacións para o servizo eléctrico.
Na instalación das redes de telecomunicacións, estarase ao disposto no artigo 34.5 la Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións.
Os carteis ou valos publicitarios será obxecto de valoración no que incumbe á súa integración paisaxística, para que non desarmonice coa súa contorna.
Reducir ao mínimo a ocupación do terreo para almacenamento de materiais e evitar situalos en zonas próximas ao arboledo ou zonas de valor paisaxístico.
6.2.9 EXPLOTACIÓNS MINEIRAS
A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente plan sectorial de actividades extractivas, que será formulado e tramitado polo conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio; todo iso sen prexuízo da posibilidade de outorgar autorización para actividades extractivas en solo rústico conforme o disposto ao respecto na LOUGA 9/2002.
6.2.10 VERTEDOIROS E ESTERCOLEROS
Os vertedoiros e estercoleros situaranse en zonas apartadas das estradas principais. Efectuarase un estudo que garanta que os ventos dominantes non leven cheiros a núcleos habitados ou a vías de comunicación importantes. Recoméndase o seu illamento da contorna por medio de barreiras vexetais, preferentemente árbores.
os
residuos poidan deslizarse
Para calquera tipo de verteduras deberán facerse estudos previos que demostren que non se alteran as escorrentías dos terreos, nin afecten gravemente ao equilibrio ecolóxico. En todo estarase ao disposto na lexislación vixente en materia de residuos e demais normativa que for de aplicación.
6.2.11 RESIDUOS
Para a minimización e corrección dos posibles efectos negativos que puideren derivarse das actuacións no ciclo de materiais, establécese o cumprimento das medidas a continuación relacionadas:
Tanto os residuos sólidos urbanos como aqueles de orixe agraria, industrial ou de natureza perigosa, xestionaranse conforme á lexislación sectorial vixente e procurando, en calquera caso, a evitación de verteduras ou impactos indesexables no medio físico.
Para a mellor xestión da recollida e tratamento de residuos convencionais, o Concello manterá actualizado un estudo pormenorizado dos núcleos de poboación con determinación das frecuencias dos servizos de recollida, localización detallada dos percorridos e as zonas que se reservan para a situación de colectores de todo tipo de residuos, a fin de eliminar barreiras arquitectónicas, facilitar o servizo de depósito e recollida, optimizar os percorridos e reducir o tempo do servizo de recollida. As condicións básicas do servizo son as seguintes: Os residuos serán previamente clasificados selectivamente polos usuarios do servizo segundo os horarios que o Concello establecese; doutra banda, os residuos que polas súas características especiais non poida ser depositada nos colectores correspondentes deberá ser recollido por un servizo especializado ou enviado a un destino destinado ao efecto.
No referente aos Residuos de construción e demolición, a súa xestión farase en conformidade co disposto no Decreto 352/2002, do 5 de decembro, polo que se regula a produción dos residuos da construción e demolición para a Comunidade autónoma Galega e o Real Decreto 105/2008, de 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, ou normativa que os substituír.
Os distintos proxectos de obra e construción deberán incluír as medidas necesarias para garantir o control de desperdicios e residuos xerados durante a fase de construción e funcionamento, dando prioridade o destino destes en instalacións de valorización fronte a instalacións de eliminación. Por iso, os proxectos de obra e construción, achegarán un Plan de Xestión de Residuos, sendo a súa ausencia motivo de denegación de licenza, ademais, nos devanditos proxectos, priorizarase o emprego de materiais que conten con certificados de calidade ou que acrediten unha xestión sustentable do medio.
Concello incluirá entre as condicións das oportunas e preceptivas licenzas urbanísticas as determinacións oportunas para a xestión dos residuos perigosos que poidan xerarse, entendendo por tales aqueles que fosen cualificados como perigosos pola normativa sectorial que fose de aplicación.
6.2.12 ANUNCIOS E CARTEIS
Prohíbense os anuncios pintados directamente sobre elementos naturais da paisaxe.

Anuncio publicado en: Num BOP 185 año 2019 12/08/2019 13:39:53
13/08/2019 08:00:00

En ningún caso utilizaranse como vertedoiros as ladeiras nas que incontroladamente nos fondos dos vales.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/08/2019

Page count129

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions