Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 180 mércores, 7 de agosto de 2019

BOP de Lugo
Servizo
Partida orzamentaria
Importe
Servizos Sociais
23179.48900

38.000 €

Artigo 4. Forma e prazo de presentación de solicitudes - As solicitudes de subvención, xunto coa documentación precisa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto da BDNS. O seu texto íntegro publicarase no boletín oficial da provincia BOP, no Taboleiro de Edictos e na paxina web do Concello de Lugo; se ben a publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto da BDNS, será a data que se terá en conta para os efectos de presentación de solicitudes.
Artigo 5. Documentación a achegar coas solicitudes de subvención As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación; agás que esta xa estivera en poder do Concello por tela presentada en anteriores convocatorias e estar plenamente actualizada. Neste caso deberán facer constar na solicitude esta circunstancia xunto coa data da súa presentación, expediente no que se atopan eses documentos e dependencia ou órgano ante o que se presentou.
a Asociacións inscritas no Rexistro municipal de asociacións - Solicitude conforme modelo do ANEXO I destas Bases.

- No caso de subvencións solicitadas para o desenvolvemento de proxecto, actividade ou programa, deberán presentar unha memoria explicativa, segundo o ANEXO II.
- No caso de subvencións solicitadas para financiar gastos de mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestruturas da asociación ou entidade, deberase xuntar unha memoria, segundo o ANEXO III
- Declaración responsable conforme modelo do ANEXO IV destas bases - Certificación bancaria na que figure o número de conta da entidade solicitante.
- Certificación da secretaría da entidade, na que conste a existencia ou departamento de muller e igualdade, se fose o caso.
- Acordos ou actas da entidade acreditativas do funcionamento das vogalías ou departamentos específicos de muller.
- Calquera outro documento que se considere de interese para acadar unha mellor avaliación da solicitude.
b Asociacións non inscritas no Rexistro municipal de asociacións ou outras entidades públicas.
Deberán achegar a maiores da documentación sinalada anteriormente a seguinte documentación:
- Copia dos estatutos da entidade co selo do rexistro público correspondente.
- Se a entidade é unha fundación, deberá achegar acreditación de estar inscrita no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia ou estatal ou en ambos os dous.
- Se a entidade é de índole relixiosa, deberá achegar acreditación de estar inscrita no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que a acredite como tal.
- Fotocopia do CIF da asociación ou entidade solicitante.
O Concello poderá solicitar, se así o estima oportuno para a resolución do procedemento, calquera outro documento que estime conveniente.
Artigo 6. Procedemento de tramitación e resolución das subvencións. Prazo de resolución O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 26, 27, 28 e 29 da Ordenanza municipal de subvencións; nos artigos 20, 21, 22, 23 e 24 da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia, concordantes cos artigos 23,24,25 e 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións coas seguintes precisións:
As solicitudes de subvencións que se formulen de acordo con estas bases, unha vez anotadas no Rexistro xeral de entrada, seranlles remitidas a Servizos Sociais para a súa tramitación e resolución.
- Comisión de avaliadora.

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2019 06/08/2019 13:33:34
07/08/2019 08:00:00

- Fotocopia do DNI da persoa que actúa como representante, así como documento acreditativo desta representación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2019

Page count47

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions