Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 180 mércores, 7 de agosto de 2019

BOP de Lugo
SERVIZOS SOCIAIS , PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES DE INTERESE XERAL E
SECTORIAL E PARA O MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E PEQUENAS REPARACIÓNS DAS INFRAESTRUTURAS NAS
QUE SE LEVAN A CABO ESTES PROGRAMAS E ACTIVIDADES. EXERCICIO ECONÓMICO 2019.
Artigo 1. Obxecto e finalidade Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte dos Concello de Lugo, no eido dos servizos sociais, a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2019, de programas e actividades que beneficien a colectivos do termo municipal de Lugo que se encontren en situación de desvantaxe, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.
Existen pois dúas liñas de subvención:
a Para desenvolvemento de programas e actividades b Para mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestructura.
Só se recibirá subvención para unha única liña de subvención de xeito que de solicitarse para as dúas coa correspondente presentación dos Anexos II e III o órgano municipal competente decidirá cal é a liña que recibirá , se é o caso, subvención.
Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, a Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións, as bases de execución do orzamento e demais normativa legal de aplicación.
Artigo 2. Requisitos para ser Entidades beneficiarias de subvención.

a Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro deste termo municipal, un proxecto para o desenvolvemento de accións ou actividades que beneficien as veciñas e veciños de Lugo que se encontren en situación de desvantaxe. Este punto acreditarase a través dunha memoria que se achegue para os efectos.
b Figurar inscritas no Rexistro municipal de Asociacións do Concello de Lugo ou no seu caso no Rexistro público de Fundacións ou calquera outro rexistro público que proceda.
c Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no Anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o parágrafo f do artigo 10 destas bases.
d Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
f Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos en situación de desvantaxe:
xoves menores de 25 años demandantes do primeiro emprego e que abandonaran prematuramente a formación regrada ou que presenten fracaso escolar; persoas paradas de longa duración, familia, infancia, persoas maiores, persoas con discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais, reclusas e/ou exreclusas; persoas sen fogar e transeúntes, toxicómanas alcohólicas e drogodependentes, refuxiadas e asiladas, inmigrantes, enfermas psiquiátricas non institucionalizadas, enfermas terminais, etc., e minorías étnicas. Asi como actividades e/ou programas que complementen a programación de animación sociocultural realizada dende o Concello de Lugo.
g Non percibir, durante nominativamente en 2019.

este
exercicio
económico,
subvención
municipal
algunha
das
previstas
h Non poderán solicitar subvención por un importe superior ao 95 % do custo total da acción para a que solicita subvención, segundo o orzamento presentado, xa que o 5 % restante é de obrigada asunción pola entidade e non pode ser subvencionado por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras. A
esixencia de xustificación de gastos referente ao 5% refírese ao 5% do orzamento da actividade presentada con independencia do gasto efectivo total devengado.
i Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.
Artigo 3. Créditos orzamentarios e contía das subvencións No orzamento municipal para o exercicio de 2019 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2019 06/08/2019 13:33:34
07/08/2019 08:00:00

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2019

Page count47

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones