Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 180 mércores, 7 de agosto de 2019

BOP de Lugo
de entidades privadas, actividades que complementan as competencias propias que lle corresponderían ao Concello, como é neste caso a prestación de servizos sociais, etc.
A experiencia dos últimos anos nos que se incrementou o número de asociacións e entidades que solicitaron estas axudas e os resultados acadados aconsellan a convocatoria de subvencións, durante 2019, para a realización destas actividades non só co obxecto de complementar a actividade propia do Concello, senón como unha forma de colaboración e apoio na implantación no municipio de asociacións e entidades que en definitiva teñen como finalidade mellorar a calidade de vida da cidadanía.
O artigo 25 da Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións do Concello de Lugo, no que se establece para os procedementos de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva que con carácter previo ao outorgamento de subvencións se aprobarán as correspondentes bases reguladoras das subvencións.
A existencia de consignación orzamentaria segundo retención de crédito, de data 20 de maio de 2019, RC
56172/2019.
O informe de Fiscalización referencia 477/2019 obrante no expediente de data 17 de xullo de 2019 e axuste ao Plan estratéxico de Subvencións a que se refire o artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións.
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión dunha subvención por parte do Concello de Lugo para a financiación dun proxecto por entender que estas actividades complementan as atribuídas ao Concello conforme ao artigo 27.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, modificado pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local BOE número 312, do luns 30 de decembro de 2013 establece que a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas poderán delegar, seguindo criterios homoxéneos, entre outras, as seguintes competencias:

A disposición transitoria segunda da dita Lei 27/2013, de 27 de decembro establece que con data 31 de decembro de 2015, nos termos previstos nas normas reguladoras do sistema de financiación autonómica e das Facendas Locais, as Comunidades Autónomas asumirán a titularidade das competencias que se prevían como propias do Municipio, referentes á prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social.
O establecido na disposición adicional cuarta da Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, a cal establece: As competencias que debe asumir a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, saúde e servizos sociais en cumprimento das disposicións da Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Adminsitración Local, continuarán sendo prestadas polos municipios mentres non se dean as condicións previstas para o seu traspaso na normativa básica e, en particular, o establecemento do novo sistema de financiamento autonómico e das facendas locais previsto nela.
Con base no exposto e visto que a Xunta de Goberno Local se reserva, segundo o acordo 28/452, do dezasete de xullo de dous mil dezanove, o exercicio das atribucións referentes á aprobación de bases autorización do gasto nos expedientes de subvencións tramitados en réxime de concorrencia competitiva.
A Xunta de Goberno Local, no uso das súas atribucións, con base na proposta do referido servizo conformada pola Tenenta de Alcaldesa da área respectiva, e por unanimidade dos seguintes asistentes: Excma. Sra. D. LARA
MÉNDEZ LÓPEZ, Alcaldesa Presidenta do Concello de Lugo Grupo Municipal PSdeG-PSOE; Ilmo. Sr. D. ÁLVARO
SANTOS RAMOS, Tenente de Alcaldesa Delegado da Área de Goberno de Desenvolvemento Local Sostible GMPSdeG-PSOE; Ilma. Sra. D MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos GMPSdeG-PSOE; Ilmo. Sr. D. MIGUEL FERNÁNDEZ
MÉNDEZ, Tenente de Alcaldesa Delegado da Área de Goberno de Medio Rural e Deportes GMPSdeG-PSOE; Ilma.
Sra. D. ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Cohesión Social GMPSdeG-PSOE; Ilmo. Sr. D. RUBÉN ARROXO FERNÁNDEZ, Tenente de Alcaldesa Delegado da Área de Goberno de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego; Ilma. Sra. D.
TAREIXA ANTÍA FERREIRO TALLÓN, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua GMBNG e a Ilma. Sra. D. MARÍA CRISTINA LÓPEZ FERNÁNDEZ, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Participación e Servizos para a Veciñanza GMBNG, ACORDA:
PRIMEIRO.- Que se proceda á convocatoria para o exercicio 2019 de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades de conformidade coas bases establecidas neste procedemento de concorrencia competitiva.
SEGUNDO.- Aprobar o gasto de 38.000 € a que ascende o importe total das subvencións que se outorgarán por parte dos servizos sociais con cargo á aplicación orzamentaria 23179.48900 RC 56172/2019
TERCEIRO.- Que se proceda á aprobación das correspondentes bases; esta convocatoria rexerase polo establecido nas seguintes BASES XERAIS REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E
PERSOAS XURÍDICO-PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NO EIDO DOS

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2019 06/08/2019 13:33:34
07/08/2019 08:00:00

c Prestación dos servizos sociais, promoción da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia contra a muller.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2019

Page count47

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions