Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 169 mércores, 24 de xullo de 2019

BOP Lugo
3 A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.e Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicarase as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 16 de xullo de 2019.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 2229

OUROL
Anuncio Faise público que o Sr. Alcalde-presidente do concello de Ourol con data vinte e cinco de xuño de dous mil dezanove, ditou o decreto nº 142 que literalmente transcrito di o que segue;
En exercicio das atribucións que me confire o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, así como a Disposición Adicional 2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos del Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, RESOLVO:

O desenvolvemento da xestión económica de conformidade co orzamento aprobado, dispoñer gastos dentro dos límites da súa competencia, concertar operacións de crédito, con exclusión das contempladas no artigo 158.5 da Lei 39/1998, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, sempre que aquelas estean previstas no orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o dez por cento dos seus recursos ordinarios, agás as de tesourería que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o quince por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, ordear pagamentos e rendir contas; todo iso de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.

Aprobar a oferta de emprego público de conformidade co orzamento e a plantilla aprobados polo Pleno.

As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuidas ao Pleno, así como os instrumentos de xestión urbanísitica e dos proxectos de urbanización.

Sancionar as faltas de desobediencia á súa autoridade ou por infracción das ordenanzas municipais, agás nos casos en que a devandita facultade estea atribuída a outros órganos.

A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.

O outorgamento das licenzas, agás que as leis sectoriais o atribúan expresamente ao Pleno ou á Xunta de Goberno Local.

Ordear a publicación, execución e facer cumprir os acordos do Concello.

A competencia como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministro, de servizos, os contratos de concesión de obras, os contratos de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais, cando o seu valor estimado non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, eventuais prórrogas incluidas sempre que o importe acumulado de todas as súa anualidades non supere a porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.

A adxudicación das concesións sobre os bens da Entidade Local e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o dez por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como a enaxenación do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados.

A potestade sancionadora en materia urbanística baseándose no artigo 222.1 da LOUG.

As demais que expresamente lle atribúan as leis e aquelas que a lexislación do Estado ou das Comunidades Autónomas asignen ao concello e non o atribúan a outros órganos municipais.

SEGUNDO: A presente delegación de atribucións surtirá efectos dende o día da data, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 169 año 2019 23/07/2019 12:06:50
24/07/2019 08:00:00

Primeiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local, as atribucións que de seguido se relacionan:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/07/2019

Page count9

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions