Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 169 mércores, 24 de xullo de 2019

BOP Lugo
Ourol, catro de xullo de dous mil dezanove.- O alcalde, José Luis Pajón Camba.
R. 2230

Anuncio Faise público que o Sr. Alcalde-presidente do concello de Ourol con data dezaoito de xuño de dous mil dezanove, ditou o decreto nº 139, que literalmente transcrito di o que segue;
En exercicio das atribucións que me confire o artigo 61.3 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, en relación co artigo 43 e ss do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, e téndose celebrado eleccións locais o pasado vinte e seis de maio de dous mil dezanove, RESOLVO:
1º.- Delegar nos/as concelleiros/as que a seguir se relacionan as seguintes atribucións:

Dona Ana María Rico Pernas, a delegación de Servizos Sociais.

Don Francisco Ramil Pernas, a delegación de Protección Civil, Cultura e Medio Ambiente.

Don Víctor García Rodríguez, a delegación de Economía e Deportes.

Don José Ramón Cal García, a delegación de Montes.

Dona María Regina Peña Martínez, a delegación de Muller e promoción da igualdade.

Don Manuel Barro Iravedra, a delegación de Gandeiría.

Don Ramón Seijas Orol, a delegación de Agricultura.

3º.- A presente resolución surtirá efectos dende o día da data, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
4º.- Dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.
Ourol, catro de xullo de dous mil dezanove.- O alcalde, José Luis Pajón Camba.
R. 2231

Anuncio O Pleno do concello de Ourol, en sesión extraordinaria celebrada o día quince de xullo de dous mil dezanove, aprobou provisionalmente o expediente de modificación de orzamento, suplemento de crédito, con cargo ao remanente líquido de tesourería polo importe de cincuenta e un mil euros, 51.000,00 €. En cumprimento do disposto no artigo 177.2, en relación co 169.1 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, coa finalidade de que durante este período de tempo, que comezará a contar dende o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se estimen pertinentes, as que deberán ser dirixidas ao Sr.
Alcalde-Presidente deste Concello.
Ourol, quince de xullo de dous mil dezanove.- O Alcalde, José Luis Pajón Camba.
R. 2232

Anuncio Téndose finalizado o mandato 2015-2019 como consecuencia das eleccións municipais celebradas o pasado día vinte e seis de maio de 2019, en cumprimento do establecido no artigo 75.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, faise público que as declaracións de bens e actividades dos membros da Corporación, atópanse a disposición dos cidadáns de conformidade co disposto no devandito precepto legal e na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Ourol, catro de xullo de dous mil dezanove.- O alcalde, José Luis Pajón Camba.
R. 2233

Anuncio publicado en: Num BOP 169 año 2019 23/07/2019 12:06:50
24/07/2019 08:00:00

2º.- A relación de delegacións comprende a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes, sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/07/2019

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions