Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 29 DE XULLO DE 2019

N.º 172

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 16 de xullo de 2019 da xefatura territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT, CT E RBT Os Queimós no concello de Guitiriz. Expediente 01/2018-AT
Con data 8 de maio de 2019, a xefatura territorial de Lugo da consellería de Economía Emprego e Industria ditou resolución pola que se concelle á empresa UFD Distribución Eléctrica S.A. autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto para a ocupación, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT
Queimós, no concello de Guitiriz Exp. 01/2018AT

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se inclúe como anexo á presente resolución e que tamén se publica no taboleiro de anuncios do concello de Guitiriz, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso de 12 de decembro de 2018 e no Diario Oficial de Galicia de 12 de decembro de 2018 para que comparezan no concello de Guitiriz, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación. Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Guitiriz, estará exposta a data do levantamento de actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta art. 52.3 da Lei de expropiación forzosa.
Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial Rolda da Muralla 70, Lugo ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emendar os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Lugo, 16 de xullo de 2019.- A xefa territorial,
Pilar Fernández López.

Anuncio publicado en: Num BOP 172 año 2019 26/07/2019 11:21:48
29/07/2019 08:00:00

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 de 26 de decembro do Sector Eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/07/2019

Page count21

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions