Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 169 mércores, 24 de xullo de 2019

BOP Lugo
MEIRA
Anuncio Resolución da alcaldía núm.: 270/2019
En virtude do disposto no artigo 47 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais ROF, corresponde ós Tenentes de Alcalde sustituir na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento ó Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a éste para o exercizo das súas atribucións.
Resultando que o citado artigo establece que nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento, as funcións do Alcalde non poderán ser asumidas polo Tenente de Alcalde a quen corresponda, sen expresa delegación que reunirá os requisitos do artigo 44.1 e 44.2.
Resultando que o artigo 44.1 e 44.2 do ROF indica que as delegacións serán realizadas mediante Decreto da Alcaldía que conterá como mínimo o ámbito dos asuntos a que se refire a delegación, as facultades que se deleguen, así como as condicións específicas do exercizo das mesmas, na medida en que se concreten ou aparten do réxime xeral previsto no ROF, e que a delegación de atribucións do Alcalde surtirá efecto dende o día seguinte á súa data, salvo que nela se dispoña outra cousa, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Resultando que o señor alcalde vai estar de baixa por enfermidade dende o 22 de xullo de 2019 o que lle impide realizar as súas atribucións.
RESOLVO:
Primeiro.- Delegar a totalidade das funcións desta Alcaldía no 1º. Tenente de Alcalde, don Agustín Méndez Moirón, dende o 22 de xullo de 2019 e ata que cause alta por incapacidade temporal.

Terceiro.- Da presente resolución darase traslado ao 1º. Tenente de alcalde e será publicada no BOP de Lugo, dando conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre.
Decreta, manda e asina o señor alcalde, ante min a secretaria que dou fe.
Meira, 22 de xullo de 2019.- A secretaria, Pilar Rozas Alonso. O alcalde, Antonio de Dios Álvarez.
R. 2303

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓN FISCAI IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONOMICAS 2019 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 15.07.2019 aprobouse o padrón fiscal do imposto sobre actividades económicas do exercicio 2019.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria deste padrón, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei das facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 13 da Ordenanza xeral dos ingresos municipais de dereito público, fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 16.08.2018 ata o 16.10.2019.
De acordo co artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos polos conceptos sinalados, poderán facer o pago dos mesmos mediante :
1 Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público 2 A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras
Anuncio publicado en: Num BOP 169 año 2019 23/07/2019 12:06:50
24/07/2019 08:00:00

Segundo.-Esta delegación surtirá efectos dende a súa sinatura e ata a súa incorporación.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/07/2019

Page count9

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones