Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 27 DE XULLO DE 2019

N.º 171

CONCELLOS
CERVANTES
Anuncio ACORDOS PLENARIOS E RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA SOBRE O NOVO RÉXIME DE ORGANIZACIÓN E
FUNCIONAMENTO DO CONCELLO
Constituída a Corporación Municipal o día 15 de xuño de 2019, e celebrado o día 10 de xullo o pleno extraordinario á que fai referencia o artigo 38 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro , publícase os seguintes acordos plenarios e decretos de Alcaldía sobre o novo réxime de organización e funcionamento do Concello:
A.-RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA:
A.1 Resolución de alcaldía de 2 de xullo de 2019 de nomeamento de concelleiros delegados
De conformidade co artigo 23 da Lei 7/1985, Reguladora das bases do réxime local LBRL, e 43 do Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xuridico das Entidades Locais ROF a alcaldía pode delegar o exercicio de determinadas atribucions nos membros da xunta de goberno local sen perxuizo das delegacións especiais que, para cometidos específicos, poida realizar en favor de calesqueira concelleiros, aínda que non pertenzan á xunta de goberno local.
De conformidade co artigo 43 do ROF as delegacións competenciais poden ser xenéricas referidas a unha ou varias áreas ou materias determinadas, poidéndose adaptar aosservizos que se presten no concello, ou especiais para cometidos específicos, que se pode realizar en favor de calqueira concelleiro.
As delegacións xenéricas poden abarcar tanto a facultade de xestionar os servizos entendendo por xestión a planificación, a facultade de dirixir executar o planificado e a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
Se a resolución de delegación se refire xenericamente a unha materia ou sector de actividades en especificar as potestades, entenderase que comprende todas as facultades indicadas dirección, xestión e resolución, dereitos e deberes referidos á materia delegada, coa excepción das que a LRBRL indica como indelegables.
Á vista do exposto, e a fin de dotar de seguridade xurídica ao reparto competencial entre a alcaldía e as tenencias de alcaldía e concelleiros para mellorar a eficacia e celeridade nas actuacións municipais, esta alcaldía, no exercicio das competencias legalmente atribuidas polos artigos 21 da LRBL e artigo 61 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia LALGA, e de conformidade co establecido no artigo 46.1 do ROF
RESOLVO:
Realizar as seguintes delegacións:
PRIMEIRO.- Delegar no teniente de alcalde, D. Luis de Alonso lvarez,os asuntos relacionados en materia de cultura, educación , sanidade deporte e servizos sociais.
SEGUNDO.- Delegar no tenente de alcalde, D. Eduardo Pérez Gutiérrez, os asuntos relacionados coas obras e vías públicas .
TERCEIRO.- Os concelleiros delegados terán os seguintes cometidos:
a Dirección e xestión inmediata, vixiancia e inspección de todas as áreas que se lle delegan e a dirección do persoal adscrito aos servizos referidos.
b Poñer en coñecemento da alcaldía todas as deficiencias que observen nos servizos que lle estean encomendados para que a alcaldía dite as resolucións pertinentes.
c Estudo e propostas de medidas a adoptar para o bo funcionamento dos servizos municipais que se lles delegan.

Anuncio publicado en: Num BOP 171 año 2019 26/07/2019 11:09:54
27/07/2019 08:00:00

Logo da Constitución da Corporación o día 15 de xuño de 2019 e téndose efectuado a toma de posesión do cargo da alcaldía do Concello de Cervantes na mesma sesión.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/07/2019

Page count15

Edition count3280

First edition01/03/2013

Last issue18/04/2024

Download this edition

Other editions