Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 17 DE XULLO DE 2019

N.º 163

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo, de data 4 de xullo de 2019, sobre cesamento de persoal eventual que textualmente di o seguinte:
Tras ver a solicitude de don Alexandre Penas Roibás, Auxiliar de Apoio do Cadro de persoal eventual, interesando a baixa como tal, con efectos do día 30 de xuño de 2019, por empezar a traballar noutra Entidade o día 1 de xullo de 2019.
Tendo en conta que a regulación dos cesamentos do persoal eventual se establece de conformidade ao sinalado no artigo 12.3 da Lei 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que di O nomeamento e cesamento serán libres. O cesamento terá lugar, en todo caso, cando se produza o da autoridade ó que preste a función de confianza e asesoramento.

Cesar a don Alexandre Penas Roibás como Auxiliar de Apoio do Cadro de Persoal Eventual, con efectividade do día 30 de xuño de 2019, que será o último día no que preste servizos efectivos con base no nomeamento, efectuado no seu día, como persoal eventual.
O que se fai público aos oportunos efectos.
Lugo, a cinco de xullo de dous mil dezanove.- O PRESIDENTE EN FUNCIÓNS, Darío Campos Conde.- A
SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.
R. 2120

Anuncio Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo, de data 8 de xullo de 2019, sobre cesamento de persoal eventual que textualmente di o seguinte:
Logo de ver o acordo adoptado polo Pleno desta Excma. Corporación Provincial, en sesión extraordinaria celebrada o día 4 de novembro de 2015, referido á aprobación da proposta sobre concesión de dedicacións exclusivas aos membros da Corporación.
Dita proposta recolle, entre outros extremos, a concesión ao Grupo Provincial Popular de tres dedicacións exclusivas a repartir en dedicacións completas ou parciais segundo se considere.
Tendo en conta que o Grupo Provincial Popular con data 7 de novembro de 2015 presentou proposta de asignación dunha dedicación exclusiva a favor de don Juan Carlos Armesto Quiroga, a cal foi concedida por Resolución desta Presidencia de 9 de novembro de 2015.
Así mesmo, o Grupo Provincial Popular con data 5 de xullo de 2019, presenta escrito solicitando o cesamento do Sr. Deputado Provincial don Juan Carlos Armesto Quiroga, no réxime de dedicación exclusiva.
Por todo iso, de conformidade co disposto no art. 13 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, art. 34 e 75 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e art. 225 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, esta Presidencia, a proposta do Grupo Provincial Popular, RESOLVE:
Cesar no réxime de dedicación exclusiva ao Sr. Deputado Provincial don Juan Carlos Armesto Quiroga, membro do Grupo Provincial Popular, con efectividade do día 5 de xullo de 2019.
Do presente Decreto darase conta ó Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre e, publicarase no Boletín Oficial da Provincia.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2019 16/07/2019 09:51:14
17/07/2019 08:00:00

Tendo en conta o sinalado, esta Presidencia en uso das atribucións que lle da o artigo 34.1.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, RESOLVE:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2019

Page count30

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions