Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 31 DE XULLO DE 2019

N.º 174

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Eduardo Álvarez Pájaro solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.64416.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Viveiro ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 18 de xullo de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2309

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo, de data 18 de xullo de 2019, sobre delegacións de funcións do Presidente na Vicepresidenta dona Tareixa Antía Ferreiro Tallón, que textualmente di o seguinte:
De conformidade co sinalado nos arts. 61.3, 66, 67 e 68 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais; e en virtude das facultades que me confire o art. 55 do Regulamento Orgánico da Corporación, en relación cos arts.
35.4 e 34.3, ambos da Lei 7/85, de 2 de Abril, Reguladora das Bases do Régimen Local, e art. 104.2 da Lei 5/1997
de Administración Local de Galicia, RESOLVO:
Nomear Vicepresidenta da Excma. Deputación Provincial de Lugo á Deputada Provincial dona Tareixa Antía Ferreiro Tallón.
A Vicepresidenta substituirá ó Presidente en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou impedimento de cualquiera orde.
O presente Decreto terá aplicación desde o día da data, sen prexuicio de dar conta do mesmo ó Pleno da Corporación e da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
O que se fai público para os oportunos efectos.
Lugo, a dezanove de xullo de dous mil dezanove.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca.- A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.
R. 2314

Anuncio publicado en: Num BOP 174 año 2019 30/07/2019 13:08:11
31/07/2019 08:00:00

As obras solicitadas consisten na construción dun muro de pedra para acceso a finca e outro muro para peche na finca con referencia catastral 27067A02600744; na zona de policía do rego do Cristo, a uns 90 metros da súa canle; no lugar de Pallaregas, na parroquia de Covas, no concello de Viveiro Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/07/2019

Page count15

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones