Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

22

Núm. 200 sábado, 31 de agosto de 2019

BOP de Lugo
ACTIVIDADES
ACTIVIDADES PUBLICAS DESEMPEÑADAS
Cargos Públicos desempeñados:
-

Concelleiro no concello de Sarria, representando ó Bloque Nacionalista Galego.

O que se fai público para os oportunos efectos.
Lugo, 27 de agosto de 2019.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca.- A SECRETARIA, María Esther Alvarez Martínez.
R. 2632

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio O Sr. Alcalde do Concello de Baleira 26/08/2019 aprobou os padróns das taxas pola prestación do servicio de abastecemento de auga, recollida de lixo, taxa de alcantarillado e canon da auga correspondentes ó 4º bimestre do 2019. Durante o prazo de 15 días os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b do Regulamento xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 01/09/2019 e 31/10/2019 ámbolos dous inclusive.Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias a partir do día 01/09/2019. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago.
Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento no caso do canon da auga pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se produzan.
Publica-la aprobación do padrón e o anuncio de cobranza no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e Taboleiro de Edictos do Concello. Ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, a publicación terá os efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos.
Baleira, 27 de agosto de 2019.- O Alcalde. Ángel Enrique Martínez-Puga López.
R.- 2633

Anuncio A Corporación Municipal do Concello de Baleira, Lugo, na sesión plenaria ordinaria do 07 de agosto do 2019, aprobou o expediente de modificación de créditos xeración de créditos orzamentarios cun importe total de 12.000,00 euros aumento da partida 334-609, a financiar coa baixa polo mesmo importe da partida 231-467
dentro do orzamento municipal para o exercicio de 2019, coa finalidade de atender ó pago dos gastos derivados da execución de obras de reforma e instalación eléctrica no Centro Sociocultural de O Cádavo, segundo memoria incorporada ó expediente de referencia. Asímesmo acordouse a modificación do anexo de inversións do orzamento aprobado para o exercicio 2019.
De conformidade co disposto no artigo 177 en relación co 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o expediente sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles mediante edictos no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para os efectos de que durante o devandito prazo os interesados poidan examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
O expediente considerarase definitivamente aprobado si durante o mencionado prazo non se presentaran reclamacións; en caso contrario o Pleno disporá dun mes para resolvelas.
Baleira, 27 de agosto de 2019.- O Alcalde. Ángel Enrique Martínez-Puga López.
R. 2634

Anuncio publicado en: Num BOP 200 año 2019 30/08/2019 11:37:32
31/08/2019 08:00:00

Contra o acordo de aprobación do referido padrón e as liquidacións incorporadas a el poderase interpor recurso de reposición ante O Sr. Alcalde, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A
repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo de un mes dende a presente publicación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/08/2019

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions