Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 197 mércores, 28 de agosto de 2019

BOP Lugo
Sempre deberán estar presentes como mínimo, dous dos tres membros da Mesa de Avaliación.
Os membros da Mesa de Avaliación deberán absterse de intervir, notificándollo á alcaldía, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da lei 40/2015, de réxime xurídico das administracións públicas.
A relación de aspirantes admitidos coa valoración de méritos correspondente publicarase na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello e haberá un prazo de tres días naturais para reclamacións.
6.- VALORACIÓN DE MÉRITOS:
Os méritos dos aspirantes, valoraranse de acordo co seguinte baremo:

a EXPERIENCIA PROFESIONAL:
- Experiencia na prestación do servicio de conserxe en Colexios: 0,5 puntos por mes traballado ata un máximo de 3 puntos.
- Experiencia na prestación de servizos que teñan unha certa similitude nas tarefas a desempeñar neste posto de traballo: 0,5 puntos por mes traballado ata un máximo de 2 puntos.
A experiencia profesional acreditarase mediante o correspondente contrato laboral acompañado da vida laboral, ou ben cun certificado de empresa onde consten todos os datos necesarios para realizar esta valoración.

b FORMACIÓN:
- Por contar con algunha titulación relacionada coa atención ou coidado de nenos/as pedagoxía, mestre, técnico de educación infantil, puericultura,: 3 puntos.
- Por cursos relacionados co posto de traballo. Máximo 2 puntos. 0,5 puntos por curso realizado.

c COÑECEMENTO DO GALEGO:
- Contar co CELGA 1 ou equivalente: 0,25 puntos - Contar co CELGA 2 ou equivalente: 0,50 puntos - Contar co CELGA 3 ou equivalente: 0,75 puntos - Contar co CELGA 4 ou equivalente: 1 punto De contar con varios certificados únicamente se valorará o de maior puntuación.
d CIRCUNSTANCIAS PERSOAIS:
- Por ser menor de 30 anos ou maior de 45: 1,5 puntos adicionais.
- Por estar en situación de desemprego: 1 punto adicional.
A situación de desemprego acreditaráse coa tarxeta da Oficina de Emprego correspondente.
Os méritos deberanse posuírse na data en que remate o prazo de presentación de instancias, computándose, en calquera caso, ata a devandita data, sendo valorados así mesmo, só os que se aleguen coa presentación da instancia.
Trala valoración do concurso, poderase realizar unha entrevista ou proba práctica para ver as aptitudes e capacidade de cada aspirante e determinar cal sería o mais axeitado para ocupar o posto de traballo.
7.- PUBLICACIÓN DAS LISTAS.
Rematada a cualificación dos aspirantes, a Mesa de Valoración fará un acta da valoración final dos aspirantes e proporá á alcaldía a contratación daquel aspirante que obtivese unha maior puntuación. Esta acta publicaráse na sede electrónica municipal e no Taboleiro de Anuncios do Concello, e contra a mesma poderán presentar reclamacións os interesados no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte á súa exposición.
Cos aspirantes que non resulten contratados formarase unha bolsa de Emprego para cubrir posibles baixas ou sustitucións, ata que se volvan a realizar novas probas selectivas.
8.- RECURSOS.
As presentes bases, así como cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das Administracións Pública.
Asimesmo, a xurisdicción competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdicción Social.

Anuncio publicado en: Num BOP 197 año 2019 27/08/2019 11:18:24
28/08/2019 08:00:00

Acreditaranse cos correspondentes diplomas oficiais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/08/2019

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions