Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

10

Núm. 192 xoves, 22 de agosto de 2019

BOP de Lugo
5.- A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e cando aínda non estén previstos nos orzamentos.
6.- A adquisición de bens e dereitos cando seu valor supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, cando sexa superior a tres millóns de euros, así como as enaxenacións patrimoniais nos seguintes supostos:
1º Cando se trate de bens inmobles ou de bens mobles que estean declarados de valor histórico ou artístico e non estean previstas no Orzamento.
2º Cando estando previstas no Orzamento superen os mesmos porcentaxes e contías indicados para as adquisicións de bens.
7.- As demáis que expresamente lle confiren as leis.
TERCEIRO.- As atribucións delegadas deberán exercerse pola Xunta de Goberno Local nos prazos e dentro dos límites desta delegación, sen que sexan susceptibles de ser delegadas en ningún outro órgano.
CUARTO.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión constitutiva o vindeiro día 28 de xuño de 2019, ás 09:45
horas, de conformidade co disposto no artigo 112.1 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
QUINTO.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria o terceiro venres de cada mes, ás 10:00 horas, e en caso de que coincida día inhábil, celebrarase o venres inmediatamente seguinte.
SEXTO.- A presente resolución surtirá efecto dende o día da súa data, sen perxuizo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, e notificarase os membros da Xunta de Goberno Local aos efectos do previsto no artigo 114 do ROF.

RETRIBUCIÓNS, INDEMNIZACIÓNS E ASISTENCIAS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN.
De conformidade co disposto nos artigos 75 e 75 bis da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, introducido polo número dezaoito do artigo primeiro da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local B.O.E. 30 diciembre, así como no artigo 18 do Real Decreto-Lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no eido do sector público, o Pleno Municipal ACORDA:
PRIMEIRO.- Establecer as seguintes adicacións parciais:
-Alcalde-Presidente; adicación parcial de trinta 30 horas semanais 75%, cunha retribución bruta mensual de dous mil douscentos setenta e catro euros con vinte e dous céntimos 2.274,22 €, cantidade que será aboada mensualmente coas nóminas municipais, pagadera en catorce mensualidades doce ordinarias e dúas extraordinarias, e que experimentará os incrementos legais previstos para as retribucións dos funcionarios nas sucesivas leis anuais de presupostos, con efectos dende o quince de xuño actual.
SEGUNDO.- Solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a Alta do Alcalde-Presidente, con efectos do quince de xuño do presente ano, asumindo o Concello as obrigas que as normas do Réxime Xeral da seguridade social impoñen ás Empresas en relación cos traballadores ó seu servicio, asumindo a Corporación o pago da cota empresarial correspondente.
TERCEIRO.- Asistencias:
Tódolos membros da Corporación, agás os que desempeñen o seu cargo con adicación exclusiva ou parcial, percibirán asistencias pola concurrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, nas seguintes contías:
A.- Por asistencia a sesións plenarias: trinta euros 30,00 € por sesión.
B.- Por asistencia a sesións da Xunta de Goberno Local: trinta euros 30,00 € por sesión.
C.- Por asistencia a sesións da Comisión Especial de Contas: trinta euros 30,00€ por sesión.
CUARTO.- Que queden derrogados Decretos, acordos, resolucións e calquera outro acto ou norma municipal que se opoña a este acordo, incluíndo bases de execución do orzamento municipal, dando exposición pública por 15 días e entendendo que de non presentarse alegacións quedarán derrogadas as bases de execución do orzamento municipal de 2019 que se opoñan a este acordo.
Ribeira de Piquín, 14 de agosto de 2019.- O Alcalde-presidente, Roberto Fernández Rico.
R. 2542

Anuncio publicado en: Num BOP 192 año 2019 21/08/2019 11:21:49
22/08/2019 08:00:00

SÉTIMO.- Que queden derrogados Decretos, acordos, resolucións e calquera outro acto ou norma municipal que se opoña a este acordo, así como delegacións de competencias na Xunta de Goberno Local non acordadas expresamente polos membros da nova Corporación constituida tralas eleccións municipais en maio de 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/08/2019

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions