Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

28

Núm. 189 luns, 19 de agosto de 2019

BOP Lugo
Mondoñedo, 14 de agosto de 2019.- A ALCALDÍA PRESIDENCIA, Elena Candia López.
R. 2518

SARRIA
Anuncio Exposición pública do Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, saneamento e depuración de augas residuais; recollida de lixo do Concello de Sarria.
Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento-depuración; o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga e recollida de lixo, correspondente ao segundo trimestre de 2019, o citado padrón estará a disposición do publico durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Peregrino nº 31 Portal 1 Baixo; en horario de 9:00 a 14:00
horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.

Neste senso, a publicación no Boletín Oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos: de notificación expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria; e de anuncio de cobranza segundo o disposto no artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o regulamento xeral de recadación.
O pago poderá efectuarse nas oficinas da empresa ESPINA & DELFÍN, S.L. abertas ao público de 9:00 a 14:00
horas, de luns a venres.
Transcorrido o período voluntario de pago establecido, ata o 1 de Outubro de 2019, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan.
Polo que respecta ao canon da auga a vía de constrinximento será realizada pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
En Sarria, a 5 de agosto de 2019.- A SR. ALCALDE, Claudio Melquiades Garrido Martinez.
R. 2476

XERMADE
Anuncio Asunto: aprobación inicial de expediente de suplemento de crédito extraordinario núm. 2019/SC/01.
O Pleno do Concello de Xermade, en sesión ordinaria celebrada o 8 de agosto de 2919, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos núm. 2019/SC/01, do orzamento en vigor, na modalidade de suplemento de crédito, por importe de 87.994,92€, financiado con remanente líquido de tesouraría para gastos xerais.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de quince días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido o prazo non se presentaron alegacións, considerarase aprobado definitivamente o acordo inicialmente adoptado.
Xermade, a 9 de agosto de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas.
R. 2477

Anuncio publicado en: Num BOP 189 año 2019 16/08/2019 14:31:46
19/08/2019 08:00:00

Contra os recibos que contén o padrón poderá formularse perante o Sr. Alcalde, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón, nos termos previstos en dito precepto legal. Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49.7 do Decreto 136/2012 polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/08/2019

Page count30

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions