Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

20

Núm. 186 mércores, 14 de agosto de 2019

BOP de Lugo
O Concello de Xermade, no marco da Lei 7/85 do 2 de Abril Reguladora das Bases de Réxime Local, ten atribuídas competencias polo artigo 25.2 m Actividades ou Instalacións Culturais e Deportivas: ocupación do tempo libre; Turismo, e en desenvolvemento de tales competencias, a concesión de premios por clasificación no IX Trofeo de fútbol D. Manuel González Fernández.
A normativa aplicable será:
Bases de execución do Concello de Xermade, exercicio 2019
Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local Lei 38/2003,do 17 de novembro Xeral de Subvencións Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de Subvencións de Galicia Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Xermade En tal sentido considérase preciso ditar normas, así como estruturar e fixar obxectivos, polas esixencias de axustarse aos principios de igualdade, publicidade, transparencia, obxectividade, eficacia, eficiencia e non discriminación art. 8.3. da Lei 38/2003, do 17 de novembro Xeral de Subvencións na concesión de premios aos deportistas segundo a clasificación no IX Trofeo de fútbol D. Manuel González Fernández, con cargo aos orzamentos municipais do exercicio 2019.
Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación.
Poderán participar os equipos con sede no municipio de Xermade que estean federados. Os xogadores deberán ter a ficha actualizada.
Quedan fora do ámbito de aplicación da presente convocatoria as solicitudes que difiran do anteriormente exposto.
Os premios por clasificación serán os seguintes:

2º clasificado: 525 euros 3º clasificado: 475 euros 4º clasificado: 450 euros O trofeo xogarase os días 10, 11, 17 e 18 de agosto nos campos de fútbol de Roupar, Xermade, Cabreiros e Cazás.
A Federación Galega de Fútbol rexerá o trofeo; os cambios serán os que especifica o regulamento cinco e en caso de empate na eliminatoria, resolverase na tanda de penaltis. En caso de dúbida, resolverá a Federación Galega de Fútbol.
Artigo 2.- Documentación para a formalización das solicitudes de premios económicos.
Os equipos que desexen participar deberán presentar:
- Impreso de solicitude segundo modelo facilitado polo concello, asinado polo representante do equipo - Certificado da conta bancaria na que desexen que se lles ingrese o premio A documentación presentarase antes do 10 de agosto de 2019 no Rexistro Municipal.
Artigo 3.- Procedemento de concesión, resolución e pago.
A forma de concesión será en base á clasificación da proba elaborada pola Federación Galega de Fútbol, de maneira que se premiasen aos/ as clasificados/ as da competición consontr ao exposto no artigo 1.
Recibida a clasificación da Federación, a concelleira delegada de deportes elaborará un informe para a concesión dos premios correspondentes. O abono dos premios deportivos materializarase mediante transferencia bancaria á conta de banco que conste coa documentación entregada polo beneficiario.
O prazo máximo para a adopción de acordo por Resolución da Alcaldía-Presidencia da concesión de premios, obxecto desta convocatoria, será de trinta días desde a data de celebración.
Con carácter previo ao abono dos premios comprobarase de oficio pola Tesouraría municipal que os beneficiarios se atopan ao corrente coas obrigas tributarias e seguridade social.
Artigo 4.- Dotación orzamentaria.
Destinase un crédito de 2.050,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 341.489, financiados íntegramente con cargo ao Plan Único 2019, programa de actividades deportivas.

Anuncio publicado en: Num BOP 186 año 2019 13/08/2019 12:24:57
14/08/2019 08:00:00

1º clasificado: 600 euros

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/08/2019

Page count21

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions