Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

21

Núm. 184 luns, 12 de agosto de 2019

BOP de Lugo
dun mes, contado dende o seguinte ao da finalización do período de exposición pública do mencionado padrón fiscal.
Contra a resolución recaída no recurso de reposición poderase interpoñer, diante do Xulgado do ContenciosoAdministrativo competente o recurso Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación a dita resolución.
Se non recaera resolución no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da presentación do recurso de reposición, en virtude do previsto no mencionado artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, produciranse os efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Non obstante, se se considera conveniente, poderase empregar e exercitar calquera outro recurso.
A publicación no BOP do presente anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O período de cobranza en voluntaria será o comprendido dende o día 21 de agosto de 2019 ao 21 de outubro de 2019, ambos os dous incluídos. Os contribuíntes poderán efectuar o pagamento da débeda tributaria do seguinte xeito:
a Na entidade colaboradora Abanca, presentando o correspondente recibo.

Unha vez rematado o prazo de pagamento en voluntaria sinalado, os débitos non satisfeitos entrarán no período executivo, de acordo co establecido no artigo 161 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, percibíndose a recarga e xuros de demora establecidos nos artigos 26 e 28 da referida norma. Advírtese que a falta de pago do canon da auga en período voluntario en cumprimento do DECRETO 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais , supoñerá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de présa pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, deberá indícase que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación.
Taboada, 1 de agosto de 2019.- O Alcalde, Ramiro Moure Ansoar.
R. 2433

VILALBA
Anuncio Elévase a definitivo, por non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición pública, o acordo de aprobación inicial adoptado polo Pleno, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 4/07/2019, publicado no BOP nº 157 do día 10/07/2019, inseríndose de seguido o seu texto íntegro, no cumprimento do estipulado no art. 169.3 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
Creación dunha praza de persoal eventual e do seu réxime retributivo: Segundo o que se dispón no art. 12.1 do Estatuto Básico do Empregado Público EBEP, e nos 70.2, 89, 104 e 104 bis da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, así como no art. 126.1 do texto refundido de réxime local, proceder do seguinte xeito:
Primeiro: Modificar inicialmente o cadro de persoal aprobado co vixente presuposto municipal, mediante a creación dunha praza de persoal eventual, destinada á función de servizos xerais deste concello, coa xornada laboral completa e unha retribución anual bruta de 25.000 euros, distribuída en 12 pagas mensuais e 2
extraordinarias da mesma contía, nos meses de xuño e decembro.
O devengo das pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro, estarán suxeitas ás mesmas normas que as previstas para o persoal funcionario.
Segundo: Expoñer ó público o presente acordo, durante o prazo de 15 días, mediante a súa publicación no BOP.
Terceiro: Unha vez definitivamente aprobado, remitir copia á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, e proceder á súa publicación no BOP, para os efectos do seu coñecemento e entrada en vigor.
O presente acordo deberase publicar no BOP, no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia.
Vilalba, 5 de agosto do 2019.- A alcaldesa. M Elba Veleiro Fernández.
R. 2437

Anuncio publicado en: Num BOP 184 año 2019 09/08/2019 13:56:55
12/08/2019 08:00:00

b Os recibos domiciliados polos contribuíntes serán cargados directamente polas respectivas entidades bancarias.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/08/2019

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions