Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 183 sábado, 10 de agosto de 2019

BOP Lugo
Segundo o artigo 75.2 da Lei de Bases do Réxime Local,os membros das corporacións locais que sexan persoal das Administracións Públicas unicamente poderán percibir retribucións pola súa dedicación parcial fora da xornada de traballo, nos termos fixados no artigo 5 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, sen prexuízo do disposto no apartado sexto do presente artigo.
O artigo 5.2 da lei 53/1984, de incompatibilidades do persoal, establece que a Administración na que preste servizos o membro da corporación local en réxime de dedicación parcial e a propia corporación deberán comunicarse reciprocamente a xornada de traballo e as retribucións percibidas, e as modificacións que se leven a cabo.
Sendo que o Alcalde é funcionario da Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Axente Facultativo, grupo C, o Pleno acorda a súa compatibilidade ao non incorrer en ningún dos supostos previstos na Lei 53/1984 de 26
de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servizo das Administracións Públicas, e ao non perxudicar ao horario establecido para esta dedicación.
Supérase o límite do 45% das retribucións do posto principal previsto no art. 7 da Lei 53/1984, de incompatibilidades do persoal,en base a razóns de especial interese para o servizo, dado que o desempeño do cargo de Alcalde, coas atribucións e responsabilidades que ten conferidas na actual organización municipal, require unha dedicación parcial de 30 horas/semana e as retribucións estipuladas.
Tal e como establece o artigo 13.4 do RD 2.568/1986 ROF o nomeamento dun membro da Corporación para un destes cargos só suporá a aplicación do réxime de dedicación exclusiva ou parcial se é aceptado expresamente por aquel, en cuxo caso esta circunstancia será comunicada ao Pleno na seguinte sesión ordinaria.
SEGUNDO.- Recoñecer unha dedicación parcial de 12 horas/semana, cun soldo bruto anual de 7.200 euros en 12
pagas soldo bruto mensual de 600 euros, a partir do 1 de agosto de 2019, á Concellería delegada de Medio rural, Emprego, Infraestruturas de Auga, Sumidoiro, Alumeado Público e recollida de RSU, Medio ambiente e Forestal.

Tal e como establece o artigo 13.4 do RD 2.568/1986 ROF o nomeamento dun membro da Corporación para un destes cargos só suporá a aplicación do réxime de dedicación exclusiva ou parcial se é aceptado expresamente por aquel, en cuxo caso esta circunstancia será comunicada ao Pleno na seguinte sesión ordinaria.
TERCEIRO.- Os membros da Corporación que non desenvolvan cargos en réxime de dedicación exclusiva ou parcial percibirán, pola concorrencia efectiva dos/das concelleiros/as ás sesións e xuntanzas dos órganos colexiados municipais dos que formen parte, as seguintes contías:
- Pleno: 60,00€
- Xunta de Goberno Local: 100,00€
- Comisión Especial de Contas, Mesas de Contratación, órganos colexiados externos e outros órganos previstos en regulamentos e/ou ordenanzas municipais: 40,00€
No caso de celebración de dúas ou máis sesións dun órgano colexiado no mesmo día, unicamente se abonará a contía correspondente á asistencia de maior importe.
CUARTO.- Aprobar inicialmente a modificación da base 28.3 das de execución do orzamento xeral para o exercicio 2019 coa finalidade de adaptala ao presente acordo e aplicar as normas de publicidade a que se refire o artigo 169 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei de facendas locais.
QUINTO.- Publicar este acordo no BOP, no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello de Xermade.
O que se fai público para xeral coñecemento.
En Xermade, a 31 de xullo de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas.
R. 2409

Anuncio ASUNTO: NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES EN ÓRGANOS COLEXIADOS EXTERNOS.
Consonte ao artigo 38 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno do Concello de Xermade, na sesión extraordinaria celebrada o 15 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- Nomear aos Concelleiros representantes desta Corporación nos seguintes órganos colexiados externos:
- CEIP de Xermade: D. Verónica Amarelo Morado titular e D. Nélida Coira Pena suplente.

Anuncio publicado en: Num BOP 183 año 2019 09/08/2019 12:25:43
10/08/2019 08:00:00

Esta cantidade se incrementará anualmente na porcentaxe que o Goberno fixe na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para os empregados públicos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/08/2019

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions