Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

45

Núm. 180 mércores, 7 de agosto de 2019

BOP de Lugo
A cantidade para outorgar a cada entidade será a resultante de multiplicar o valor punto polo número de puntos obtidos por esta, sen que poida superar individualmente os 3.500 €.
Se a cantidade resultante desta operación fose superior á subvención solicitada e subvencionable, concederáselle esta última. O importe sobrante distribuírase con idéntico criterio.
Quinto. Forma e prazo de presentación das solicitudes - As solicitudes de subvención, xunto coa documentación precisa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto da BDNS. O seu texto íntegro publicarase no boletín oficial da provincia BOP, no Taboleiro de Edictos e na paxina web do Concello de Lugo; se ben a publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto da BDNS, será a data que se terá en conta para os efectos de presentación de solicitudes.
LUGO, 30 de xullo de 2019.- A Concelleira Delegada de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores. Olga López Racamonde.
R. 2375

Anuncio CONVOCATORIA SUBVENCIÓN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA E AFECTADAS DE GRAVES
DIFICULTADES DE MOBILIDADE PARA GASTOS DE TRANSPORTE EN TAXI ADAPTADO NO CONCELLO DE LUGO

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b. e 20.8.a. da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria de concesión de subvencións para persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte en taxi adaptado, ano 2019, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións.
Primeiro. Requisitos das persoas solicitantes Poderán solicitar estas axudas as persoas que reunan os seguintes requisitos:
1-Ter unha idade mínima de 4 anos.
2-Estar empadroado/a no Concello de Lugo cunha antigidade mínima de 1 ano anterior á presentación da solicitude e durante a percepción da axuda.
3-Ter recoñecida a condición legal de discapacidade que afecte gravemente a súa mobilidade non podendo utilizar os transportes públicos colectivos e así se acredite no certificado oficial de discapacidade, emitido polo Equipo de Valoración e Orientación EVO dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
4- Non ser propietario/a de vehículo .
Situacións especiais: As persoas con discapacidade que pola súa situación de discapacidade, exercitaran dereitos e obtido beneficios sobre a adquisición e/ou adaptación dun vehículo poderán solicitar estas axudas soamente para os períodos e/ou viaxes en que, por causas sobrevidas, e debidamente xustificadas, se vexan imposibilitadas para utilizar o mesmo. Todo isto sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nesta disposición.
5-Para as persoas que traballen, no ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo do dito beneficio.
6. Non dispor duns recursos económicos persoais superiores a 2 veces o IPREM vixente, 12 pagas , 12.908,16
€ anuais.
7-. Certificacións de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria Delegacion de facenda en Lugo sita na Rúa da Raíña, pola Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia Edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, Dirección Territorial do Instituto Nacional da Seguridade Social sito na Ronda Músico Xosé Castiñeira, respectivamente.
No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá ser acreditado para estes efectos coa declaración responsable incluída no ANEXO II destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das correspondentes certificacións.
8-Ter regulamentariamente xustificadas as subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo, para o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercicios económicos anteriores.

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2019 06/08/2019 13:33:34
07/08/2019 08:00:00

TextoOL: BDNS Identif.: 468863

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2019

Page count47

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions