Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 177 sábado, 3 de agosto de 2019

BOP Lugo
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 17/07/2019 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal, piscinas e anexos correspondentes a xullo-2019.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes xullo 2019 terá lugar neste Municipio dende o día 18 de xullo de 2019 ata o día 17 de setembro de 2019.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Chantada, 15 de xuño de 2019.- O ALCALDE, P.D. Manuel Dieguez Carballo.
R. 2340

Anuncio
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte o da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a xuño 2019 terá lugar neste municipio dende o día 16 de xullo de 2019 ata o día 16 de setembro de 2019.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de xaneiro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Chantada, 15 de xuño de 2019.- O ALCALDE, P.D. Manuel Dieguez Carballo.
R. 2341

COSPEITO
Anuncio Polo Sr. Alcalde do Concello de Cospeito dictouse a Resolución de 23 de xullo de 2019 de nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, de nomeamento de tenentes de Alcalde e de delegacións conferidas pola Alcaldía, que literalmente se transcribe.
Dando cumprimento á mesma, ordénase a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo:
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Celebradas eleccións municipais o día 26 de maio de 2019 e téndose constituida a nova Corporación Local.
Vista a Resolución de Alcaldía número 2019-0404, de data 10/07/2019, de nomeamento de tenentes de Alcalde.
Considerando que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 15/07/2019, acordou:
PRIMEIRO.- Constituir, como órgano colexiado integrante da organización municipal, a Xunta de Goberno Local cuxo obxecto será a asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións, así como exercer, no seu caso, as atribucións que o Alcalde ou outro órgano municipal lle delegue ou as que lle atribúan as leis.

Anuncio publicado en: Num BOP 177 año 2019 02/08/2019 13:38:32
03/08/2019 08:00:00

Por Decreto de Alcaldía de data 15/07/2019 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a xuño do 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/08/2019

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions