Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

14

Núm. 176 venres, 2 de agosto de 2019

BOP Lugo
de transmisión do ben, así como as restantes declaracións por alteracións de orden físico, económico o xurídico nos bens inmobles que teñan transcendencia a efectos deste Imposto.
2. É competencia do Concello o recoñecemento de beneficios fiscais, as solicitudes para acollerse a eles deben ser presentados á administración municipal, ante a que se debe indicar, asemade, as circunstancias que orixinan ou xustifican a modificación do réxime.
3. Sen prexuízo da obrigación dos suxeitos pasivos de presentar as modificacións, alteracións e demais ó Concello, sen menoscabo das facultades do resto das Administracións Públicas, comunicará ó Catastro a incidencia dos valores catastrais ó outorgar licenza ou autorización municipal.
4. As liquidacións tributarias son practicadas polo Concello, tanto as que corresponden a valores-recibo como as liquidacións por ingreso directo, sen prexuízo da facultade de delegación da xestión tributaria.
5. Contra os actos de xestión tributaria, competencia do Concello, os interesados poden formular recurso de reposición, previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes a partir da notificación expresa ou da exposición pública dos padróns correspondentes.
6. A interposición de recurso non paraliza a acción administrativa para o cobro, a menos que dentro do prazo previsto para interpor o recurso, o interesado solicite a suspensión da execución do acto impugnado e acompañe a garantía polo total da débeda tributaria.
7. Non obstante, en casos excepcionais, a alcaldía pode acordar a suspensión do procedemento, sen prestación de ningún tipo de garantía, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de prestala ou ben demostra claramente a existencia de erros materiais na liquidación que se impugna.
8. O período de cobro para os valores-recibo notificados colectivamente determinarase cada ano e anunciarase conforme á Lei 48/2002 e a TRLFL.
As liquidacións de ingreso directo deben ser satisfeitas nos períodos fixados polo Regulamento xeneral de recadación, que son:

10. Para as notificadas dentro da segunda quincena do mes, ata ó día 20 do mes natural seguinte.
11. Transcorridos os períodos de pago voluntario sen que a débeda se teña satisfeito, iniciarase o período executivo, o que comporta a esixencia da recarga do 20 por 100 do importe da débeda non ingresada, así como dos intereses de demora correspondentes.
O recargo será do 10 por 100 cando a débeda se ingrese antes de que sexa notificada ó debedor a providencia de constrinximento.
12. En aplicación da potestade concedida polo artigo 77.2 do TRLHL, os recibos correspondentes a un mesmo suxeito pasivo polo imposto sobre bens inmobles de natureza rústica sitos no Termo Municipal de Quiroga, agruparanse nun único documento de cobro sempre que sexa posible.
Artigo 12º. XESTIÓN POR DELEGACIÓN
No caso de xestión delegada, as atribucións dos órganos municipais entendéranse exercidas pola Administración coa que se subscribe o convenio ou coa Administración na que se delega.
Para o procedemento de xestión e recadación non establecido nesta ordenanza deberá aplicarse o establecido pola lexislación vixente.
Artigo 13º. NORMAS DE APLICACIÓN SUPLETORIA.
Para os aspectos non regulados na presente ordenanza serán de aplicación as normas contidas no TRLHL, na redacción dada pola Lei 51/2002, do 27 de decembro, na Lei 48/2002, do 23 de decembro, do catastro inmobiliario, e á normativa vixente en materia de xestión tributaria.
DISPOSICIÓN ADICIONAL UNICA.
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da corporación na sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2018, entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de dous mil dezanove, permanecendo en vigor ata a súa modificación o derrogación expresa.
Quiroga, 24 de xullo de 2019.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez.
R. 2333

Anuncio publicado en: Num BOP 176 año 2019 01/08/2019 12:03:12
02/08/2019 08:00:00

9. Para as notificadas dentro da primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/08/2019

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions