Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 175 xoves, 01 de agosto de 2019

BOP Lugo
CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

De conformidade co disposto nos artigos 20.1.b e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 65 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e de acordo co ROM, é de existencia obrigatoria neste Municipio a Xunta de Goberno Local, que estará integrada polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao tercio do número legal de membros da Corporación.
Visto o disposto nos artigos 52, 53 e 112.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, do 28 de novembro de 1986, proponse ao Pleno:
1.- Constituír a Xunta de Goberno Local do Concello de Antas de Ulla, que estará formada polo alcalde e tres concelleiros.
2.- Nomear como membros da Xunta de Goberno Local aos seguintes concelleiros:
-

D. José Robustiano Taboada Frías.

-

D. Ramón Fernández García.

-

D. Luís Alberto Galego Carnero.

De conformidade co disposto no artigo 43 do real Decreto 2568/1986 e artigo 61 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, o Alcalde poderá delegar as súas atribucións, salvo as referidas nos artigos 21.3 e 71 da Lei 7/1985, a favor da Xunta de Goberno Local. As delegacións realizaranse mediante Decreto de Alcaldía con dación de contas ao Pleno na primeira sesión que se celebre e publicación no Boletín Oficial da Provincia, ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 45 do RD 2568/1986. Á vista do exposto, D. Javier Varela Pérez, Alcalde-Presidente do Concello de Antas de Ulla, RESOLVO:

1.1.- O outorgamento de licencias, salvo que as leis sectoriais o atribúan expresamente ao Pleno ou á Xunta de Goberno Local, coa excepción dos permisos referidos a festexos populares e acampadas cuxo outorgamento sexa competencia da Alcaldía.
1.2.- A liquidación de toda clase de tributos e demais ingresos de dereito público locais, naqueles supostos nos que a realización do feito impoñible estea estreita e inequivocamente vinculado coas competencias delegadas na Xunta de Goberno Local isto é: licencias.
1.3.- A aprobación de instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
1.4.- A concesión de licencias de obras e de actividade, así como a emisión dos oportunos informes que se deberán incluír nestes expedientes.
1.5.- Resolución dos expedientes de apertura e de cambio de titularidade de establecementos.
SEGUNDO.- Dar conta da presente Resolución ao Pleno na primeira sesión que se celebre e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ó da presente resolución.
Mándao e asínao o alcalde, D. Javier Varela Pérez, en Antas de Ulla, a 2 de xullo do 2019.

NOMEAMENTO DOS TENENTES DE ALCALDE.

De conformidade co disposto nos artigos 20.1.a e 23.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 62 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o artigo 46.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de 28 de novembro de 1986, os tenentes de alcalde serán libremente nomeados polo Alcalde de entre os membros da Xunta de Goberno Local. De dito nomeamento darase conta ao Pleno, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia Á vista do exposto, D. Javier Varela Pérez, Alcalde-Presidente do Concello de Antas de Ulla, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Nomear Tenentes de Alcalde do Concello de Antas de Ulla aos seguintes concelleiros membros da Xunta de Goberno Locald este Concello:
-

1º. TENENTE DE ALCALDE: D. José Robustiano Taboada Frías.

-

2º. TENENTE DE ALCALDE: D. Ramón Fernández García.

-

3º. TENENTE DE ALCALDE: D. Luís Alberto Galego Carnero.

Anuncio publicado en: Num BOP 175 año 2019 31/07/2019 14:09:08
01/08/2019 08:00:00

PRIMEIRO.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/08/2019

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions