Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 175 xoves, 01 de agosto de 2019

BOP Lugo
Con data 13 de febreiro de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Eléctrica as autorizacións administrativas previa e de construción, declárase a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LAT 132 kV - Parque Eólico Serra do Oribio - Subestación Triacastela nos concellos de Samos e Triacastela.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 de 26 de decembro do Sector Eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas cos que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se inclúe como anexo á presente resolución e que tamén se publica no taboleiro de anuncios do concello de Triacastela, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso de 16 de setembro de 2006 e no Diario Oficial de Galicia de 18 de setembro de 2006 para que comparezan o próximo 30
de agosto de 2019 no concello de Triacastela, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Triacastela, estará exposta a data do levantamento de actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta a art. 52.3 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar sen prexuízo da correspondente publicación no BOE e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 16 de xullo de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
R. 2320

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Resolucións da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo, de data 24 de xullo de 2019, sobre nomeamento dos membros da Xunta de Goberno e delegacións para as áreas nos Deputados Provinciais, que textualmente din o seguinte:
De conformidade co sinalado nos arts. 61.2, 72 e 73 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais; e en virtude das facultades que me confire o art. 58 do Regulamento Orgánico da Corporación, en relación co 35.1 da Lei 7/85, de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e art. 104.4 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, RESOLVO:
Nomear membros da Xunta de Goberno, ós seguintes Deputados Provinciais:

D. José Tomé Roca

Dna. Tareixa Antía Ferreiro Tallón

Dna. M del Pilar García Porto

D. Pablo Rivera Capón

Dna. Mayra García Bermúdez

D. Roberto Fernández Rico

D. Xosé María Arias Fernández

D. José Luis Raposo Magdalena

Dna. Mónica Freire Rancaño
Anuncio publicado en: Num BOP 175 año 2019 31/07/2019 14:09:08
01/08/2019 08:00:00

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial Rolda da Muralla 70, Lugo ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emendar os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/08/2019

Page count9

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions