Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 173 martes, 30 de xullo de 2019

BOP Lugo
- Autorización para ocupación e uso especial de bens de dominio público.
F EN MATERIA DE PERSOAL:
1.- A aprobación da Oferta de Emprego Público de acordo co Presuposto e o cadro de persoal aprobados polo Pleno.
2.- A aprobación das Bases e convocatoria das probas de selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo.
G EN OUTRAS MATERIAS:
1.- Solicitar e aceptar subvencións naqueles supostos en que a convocatoria non as atribúa a outro órgano municipal, agás cando se exixa pola respectiva convocatoria a solicitude e/ou aceptación por outro órgano municipal. A Alcaldía nos supostos de urxencia ou redución do prazo poderá realizar por ela mesma esta atribución dando conta á Xunta de Goberno Local na vindeira sesión que se celebre para o seu coñecemento, e efectos.
2.- O outorgamento de subvencións.
3.- A solicitude de delegación de competencias para contratar obras o servizos de competencia da alcaldía efectuadas a outras Administracións Públicas.
4.- Asistir permanentemente ao alcalde na toma de decisións, analizando, estudando, propoñer ou acordar, segundo proceda, os asuntos competencia da alcaldía que ista teña a ben someter á Xunta de Goberno Local, sometendo á mesma os escritos e comunicacións doutras entidades e doutros organismos que requiran un acto administrativo resolutivo, sen prexuízo de que por razón da súa urxencia a alcaldía poida realizar por ela mesma estas atribucións dando conta á Xunta de Goberno Local na vindeira sesión que se celebre para o seu coñecemento, e efectos.
4.- A concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto turismo.

6.-.- As demais que expresamente lle atribúan as leis e aquelas que a lexislación do Estado e das C.C.A.A. asignen ó Municipio e non llelas atribúa a outros órganos municipais.
CUARTO.- A delegación de atribucións referida efectúase reservándose á Alcaldía a posibilidade expresa de avocación de calquera das atribucións por razóns de urxencia, dando conta á Xunta de Goberno Local a efectos de ratificación, sen prexuízo, no seu caso, da publicación que proceda.
QUINTO.- Os acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local en relación coas materias delegadas terán o mesmo valor que as resolucións ditadas pola Alcaldía en exercicio das atribucións que non foran delegadas.
SEXTO.- Notificar persoalmente a presente Resolución ós designados que se considerará aceptada tacitamente salvo manifestación expresa; e remitir a presente Resolución de nomeamento ó Boletín Oficial da Provincia para a súa publicación no mesmo así como no Taboleiro de Anuncios do Concello, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte da sinatura da Resolución pola Alcaldía conforme se indica no artigo 23.1 da Lei 7/85 do 2
de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro , do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
SÉTIMO.- A presente delegación de atribucións surtirá efecto a partir do día seguinte ao de adopción do preceptivo acordo, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da provincia.
OITAVO.- Dar conta ó Pleno do Concello desta Resolución na primeira sesión que se celebre.
O manda e asina a Sra. Alcaldesa, D. Rocío López García, en Lourenzá a dezaoito de xullo do 2019.
Lourenzá, 18 de xullo do 2019.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 2305

Anuncio De conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local faise público o acordo adoptado polo Pleno do Concello na sesión ordinaria celebrada o día 11/07/2019 referente a INDEMNIZACIÓNS POR GASTOS DE DESPRAZAMENTO, sendo do seguinte tenor:
Os Gastos de viaxe en vehículo propio fixaranse en 0,19 Euros/ KM., debendo presentarse conta - liquidación dos quilómetros efectivamente realizados, datas e destino.
Para a xustificación e cobro destas indemnizacións estarase o disposto ó Real Decreto 462/2002 de 24 de Maio sobre indemnizacións por razón do servizo, do Ministerio da Presidencia publicado no BOE. núm.129 de 30/05/2002.

Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2019 29/07/2019 12:26:02
30/07/2019 08:00:00

5.- A resolución de recursos que se interpoñan contra os acordos en materias delegadas que se teñan detalladas nos apartados anteriores.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2019

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions