Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 173 martes, 30 de xullo de 2019

BOP Lugo
Exclúese a tramitación e resolución de adxudicación dos contratos e concesións de toda clase inferiores a 6.000,00
euros.
2.- A adxudicación de concesións sobres os bens das mesmas e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o presuposto base de licitación, nos términos definidos no artigo 100.1 da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público xa citada, non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto nin o importe de tres millóns de euros así como a enaxenación do patrimonio cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados de conformidade co disposto na Disposición Adicional Segunda da citada Lei 9/2017 do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público .
3.- A aprobación dos proxectos de obras e servizos, os de seguridade e saúde e demais necesarios para a execución das obras municipais cando sexa competente para a súa contratación ou concesión do Alcalde e estean previstos no Presuposto.
4.- A aprobación das formas e procedementos de contratación así como os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e, en todo caso, de Prescricións Técnicas para as contratacións e concesións nos expedientes ós que se refire ó apartado primeiro desta letra. Igualmente a aprobación dos expedientes de licitación utilizando acordos marco ou sistemas dinámicos de adquisición.
CEN MATERIA SANCIONADORA:
1.- Sancionar as faltas de desobediencia á Alcaldía ou por infracción ás Ordenanzas Municipais, excepto que tal facultade este atribuída ó Pleno.
DEN MATERIA ECONÓMICO-FINANCEIRA:
D.aEn materia de Gastos:
1.- As autorizacións e disposicións do gasto e recoñecemento das obrigacións derivadas das materias contractuais delegadas na letra B, desta Resolución.

3.- O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Presuposto aprobado e segundo o disposto nas Bases de Execución sempre que non sexan competencia do Pleno e autorizar, dispoñer gastos e aprobar facturas a partir de TRES MIL 3.000,00 euros, IVE incluído, dentro dos límites que competen ó Alcalde, salvo nos casos que se indican a continuación cuxo pago será acordado e ordenado pola Alcaldía, calquera que sexa a súa contía, de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Local, a saber:
- Haberes e retribucións nominativas do persoal municipal de toda clase de conformidade cos acordos corporativos incluíndo asistencias , gastos de locomoción e axudas de custo dos cargos electos.
- Os gastos derivados das cotizacións á Seguridade Social, I.R.P.F. e I.V.E.
- Os servizos telefónicos, enerxía eléctrica e similares, que se liquidan segundo ás tarifas oficialmente aprobadas.
- Intereses e amortizacións de préstamos así como contratos de transporte a portes debidos.
- As anualidades ou mensualidades correspondentes ós contratos de xestión de servizos públicos, publicacións e anuncios.
D. b En materia de ingresos:
1.- Recoñecemento de exencións e bonificacións dos tributos locais.
2.- Aprobación de liquidacións de ingresos directos derivados de licencias e autorizacións delegadas na Xunta de Goberno.
3.- Os acordos relativos a baixas de suxeitos pasivos, devolución de ingresos indebidos, duplicados, etc. Así como a concesión de aprazamentos e fraccionamentos de ingresos públicos.
4. O establecemento e modificación dos prezos públicos. art. 47 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
D.c Aprobación da Liquidación do Orzamento Municipal.
D.e Aprobación de expedientes de incorporación de remanentes de crédito.
E EN MATERIA DE BENS:
1.- A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios de presuposto nin os 3.000.000 euros así como o alleamento do patrimonio que non supere nin a porcentaxe nin a contía indicadas nos seguintes supostos:
- A de bens inmobles, sempre que estea prevista no presuposto.
- A de ben mobles, agás os declarados de valor histórico ou artístico, cando o alleamento non se atope prevista no Presuposto.

Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2019 29/07/2019 12:26:02
30/07/2019 08:00:00

2.-A aprobación da convocatoria, a concesión e xustificación de subvencións outorgadas polo concello dentro dos créditos orzamentarios a tal fin destinados e aprobación dos convenios de colaboración.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2019

Page count22

Edition count3284

First edition01/03/2013

Last issue23/04/2024

Download this edition

Other editions