Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

21

Núm. 173 martes, 30 de xullo de 2019

BOP Lugo
contía por importes inferiores a 50 euros, e nos que figure o selo do establecemento así como a denominación e o CIF da entidade beneficiaria da subvención.

O pago deberá ter sido realizado mediante transferencia bancaria que asegure a conta bancaria do grupo e a identificación do seu destinatario. Só excepcionalmente se admitirán pagos en efectivo para importe inferiores a 100 euros, nos que se admitirá a expresión pagado estampillada na factura polo establecemento comercial correspondente.

Para o caso de desprazamentos dentro do termino municipal, cada concelleiro que incorra neste tipo de gastos deberá asinar unha declaración responsable de todos os kilómetros efectuados desglosada por meses así como as parroquias ás que afecta. Dita declaración deberá contar igualmente coa sinatura do membro do grupo designado como autorizado para dispor dos fondos da conta bancaria e responsable da contabilidade do grupo.

En todo caso, esixirase unha declaración responsable asinada polo membro do grupo designado como autorizado para dispor dos fondos da conta bancaria e responsable da contabilidade do grupo, na que se estableza que todos e cada un dos gastos que se presentan como xustificante son motivados por actividades relacionadas coa actividade do grupo esta declaración estará integrada na conta xustificativa que se acompaña como modelo.

Naqueles casos nos que o gasto sexa superior á aportación recibida, reflexarase como subvención non xustificada a cantidade de cero euros sen que proceda aplicala a vindeiros exercicios ao tratarse de subvencións de carácter anual.
8º.- Presentación da conta xustificativa e rendición ao Pleno

A conta xustificativa deberá presentarse unha vez rematado o exercicio ao que se refire. A Intervención Municipal elevará un informe ao Pleno sobre a debida xustificación das dotacións percibidas con anterioridade ou no mesmo momento do sometemento a aprobación da Conta Xeral do exercicio correspondente.

Con carácter excepcional, nos anos de celebración de eleccións municipais deberá renderse xustificación das percepcións recibidas desde o 1 de xaneiro ata a data de constitución da nova corporación resultante das eleccións.

9º.- Información adicional.

Dase constancia expresa de que de acordo co criterio da Intervención Xeral da Administración do Estado sobre as aportación aos grupos políticos, determínase que, a partir da entrada en vigor da reforma da Lei de Financiación de Partidos Políticos, a Lei Xeral de Subvención opera con carácter supletorio, de xeito que lle resulta de aplicación o réxime de subministro de información á Base de Datos Nacional de Subvencións.

Os grupos políticos, como perceptores de axudas, deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Se con cargo aos fondos percibidos os grupos aboaran honorarios profesionais ou outros gastos suxeitos a retención, estarán obrigados a practicar as correspondentes retencións así como ao seu ingreso na AEAT.

As contas xustificativas publicaranse no Portal de Transparencia Municipal.

Expediente 516/2019. PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE A CREACION DA XUNTA DE PORTAVOCES. ADOPCIÓN
DE ACORDO.
O Concello Pleno aprobou:
1.- A creación como órgano complementario municipal de carácter informativo da Xunta de Portavoces dos Grupos Municipais que integran a Corporación, que baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente, estará constituída polos portavoces de cada Grupo Político.
2.- A fixación da cantidade de 30 € en concepto de indemnización pola asistencia efectiva ás reunións que dita xunta celebre.
Conforme ao disposto na Base de Execución do orzamento municipal 51, letra C, cando teña lugar a asistencia a máis de unha sesión de órgano colexiado no mesmo día, somentes se abonará o correspondente á indemnización pola asistencia a unha única sesión a de maior contía de indemnización.
Expediente 517/2019. PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE APROBACIÓN DA DEDICACIÓN EXCLUSIVA Á
CONCELLEIRA DONA MARÍA DOLORES MEITÍN GUERREIRO PARA O DESEMPEÑO DO CARGO DE DELEGADA
DE AGRICULTURA, GANDERÍA, MONTES E EDUCACIÓN E DETERMINACIÓN DE RETRIBUCIÓNS. ADOPCIÓN DE
ACORDO.
Ao abeiro do disposto no art. 13.3 e 4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais Real Decreto 2.568/86 de 28 de novembro o Concello Pleno aprobou:
1º.- Que o exercicio do cargo por parte da Concelleira e Segundo Tenente de Alcaldía e Delegada de Agricultura, Gandería e Montes, Educación e Cultura, D María Dolores Meitin Guerreiro, se desempeñe en réxime de dedicación
Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2019 29/07/2019 12:26:02
30/07/2019 08:00:00

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2019

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions