Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

20

Núm. 173 martes, 30 de xullo de 2019

BOP Lugo
6º.- As dotacións libraranse de xeito mensual e tramitaranse en un só acto administrativo que acumulará as tres fases do gasto autorización, disposición e recoñecemento da obriga utilizando o documento contable ADO.
7º.- Destino das asignacións e xustificación das mesmas.
O importe das asignacións establecidas non poderá destinarse ao pagamento de remuneracións de persoal de calquera tipo ao servizo da corporación nin retribucións a membros do grupo. Os propios concelleiros do grupo son persoal ao servizo da corporación e non poden percibir cantidades destas asignacións. Tampouco poderá destinarse á adquisición de bens que podan constituír activos fixos de carácter patrimonial. Terán a consideración de activos fixos de carácter patrimonial todos os bens que reúnan algunha das seguintes características:
-que non sexan bens funxibles -que teñan unha duración previsiblemente superior ao exercicio orzamentario -que sexan susceptibles de inclusión en inventario -ser gastos que previsiblemente non sexan reiterativos.
As asignacións percibidas non poden destinarse en ningún caso a outros fins mais alá dos gastos de funcionamento do grupo na súa actuación corporativa; actuación que se erixe e serve como elemento conformador e xustificador da existencia do propio grupo municipal.
Os documentos xustificativos presentados deben estar vinculados á efectiva e directa relación dos gastos xustificados co desenvolvemento da actividade ordinaria do grupo. Considérase como actividade ordinaria a relacionada coas prestacións recollidas como gastos correntes na Orde EHA/3565/2008, de 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, modificada pola Orde HAP/419/2014, de 14 de marzo Capítulo 2. En consecuencia non se consideran como gastos propios da actividade ordinaria do grupo os seguintes:

-material inventariable. Terán esta consideración, consonte ao establecido na Base 34, os bens cuxo coste unitario supere os 500,00 euros, sendo polo tanto suscpetibles de imputación ao Capítulo VI de Investimento Real.
-transferencias a partidos políticos -aportacións a asociacións de veciños e outras entidades de participación de cidadáns -regalos a particulares; gastos de atencións funerarias; gastos protocolarios coincidentes con campañas electorais e insercións en todo tipo de medios de comunicación.
-gastos de natureza electoral -adquisicións de carácter persoal -asistencia a reunións, asembleas ou similares do correspondente partido municipal que teñan carácter xenérico nas que non se vaian tratar asuntos municipais en concreto.
A título meramente enunciativo serán susceptibles de xustificación gastos de material de oficina; cartelería, timbre e prensa; material de ofimática; gastos por mantemento informático; mantemento de sede ou local;
comisións bancarias de mantemento da conta corrente; medios de transporte relacionados coa actividade política do grupo; telefonía e Internet; eventos organizados polo grupo; bens funxibles.
Admitiranse igualmente como gastos de natureza ordinaria dietas por desprazamentos dentro do termino municipal con motivo de actos ou reunións de contido local ou sectorial ou outros motivos de interese para o funcionamento do grupo no exercicio da súa actuación corporativa. O importe aboado por kilómetro efectuado axustarase á contía establecida no RD 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razóns de servizo, coas actualizacións que se teñan publicado con posterioridade a dita data, actualmente establecida en 0,19 €/km. No documento xustificativo deberá facerse mención ao número de kilómetros efectuados.
Establécese un límite de 600,00 euros anuais por concelleiro do grupo. Este gasto será incompatible co gasto de combustible.

Do mesmo xeito, admitiranse como gastos de natureza ordinaria gastos en concepto de celebración de comidas para tratar asuntos de grupo municipal. O importe máximo a aboar por comida axustarase á contía establecida para o Grupo 1 no RD 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, coas actualizacións que se teñan publicado con posterioridade a dita data, actualmente establecida en 26,67
euros. Establécese un límite de 320,00 euros anuais por concelleiro do grupo.

Admitiranse como xustificante de gasto facturas orixinais que cumpran os requisitos establecidos para a súa expedición no R.D. 1619/2012, de 30 de novembro, identifiquen claramente os conceptos, importe, proveedor e grupo político destinatario, ademais de estar datadas no período subvencionable. Con carácter excepcional aceptarase a xustificación do pagamento mediante tickets do proveedor para gastos de escasa
Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2019 29/07/2019 12:26:02
30/07/2019 08:00:00

-gastos de persoal ao servizo da corporación nin retribucións aos membros do grupo

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2019

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions