Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

20

Núm. 172 luns, 29 de xullo de 2019

BOP Lugo
publicación no mesmo, igualmente publicar a Resolución no taboleiro de anuncios do Concello, sen prexuízo da súa efectividade desde o día seguinte da firma da Resolución polo Alcalde.
OITAVO.- A presente resolución será efectiva dende o 1 de xullo de 2019.
NOVENO.- Dar conta ao Pleno da corporación na seguinte sesión que se celebre en cumprimento do establecido no artigo 42 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Muras, 4 de xullo de 2019.- O Alcalde, Manuel Requeijo Arnejo, do que eu, Silvia Lamelas Soto, como Secretaria, dou fe. Asinado aos efectos do artigo 3 do RD 128/2018
R. 2287

O PÁRAMO
Anuncio Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 2/07/2019 , o Padrón de contribuíntes do prezo público do servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de libre concorrencia ou prestación básica e de dependencia, correspondente ao mes de XUÑO de 2019, polo importe total de 2.219,16 €.
Por medio do presente exponse ao público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos de que sirva de notificación colectiva de conformidade co establecido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

R. 2288

RIBEIRA DE PIQUÍN
Anuncio A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o día 12 de xullo de 2019, prestou aprobación inicial do PADRÓN POR SUBMINISTRO DE AGUA A DOMICILIO ASÍ COMO AS TAXAS CORRESPONDENTES Ó CANON
DA AUGA E RECOLLIDA DE LIXO DO 2º TRIMESTRE DE 2019.
O dito Padrón exponse ó público nas oficinas municipais por prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de exame e reclamacións, e entenderase definitivamente aprobado de non presentarse reclamación algunha contra el.
ANUNCIO DE COBRANZA.
Fíxanse os períodos de cobranza en voluntaria dende o día 01 de agosto de 2019 ó día 30 de setembro de 2019, ámbolos dous inclusive, vencidos ditos prazos, pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, no correspondente período voluntario, data na que deberán ter saldo suficiente.
O resto dos contribuíntes deberán acudir á oficina de ABANCA ou BANCO SANTANDER, en días laborais, de luns a venres, de 8:30 a 14:00 horas presentando o documento de ingreso que, a tal efecto, se facilitará nas Oficinas do Concello.
O presente anuncio, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza, ten a natureza de notificación colectiva de acordo co establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
CANON DA AUGA: A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación. Do mesmo xeito, ditas obrigas deben entenderse tamén referidas ao coeficiente de vertedura en virtude do establecido no artigo 71 do Decreto 136/2012.
Ribeira de Piquín, 12 de xullo de 2019.- O Alcalde, Roberto Fernández Rico.
R. 2289

Anuncio publicado en: Num BOP 172 año 2019 26/07/2019 11:21:48
29/07/2019 08:00:00

O Páramo, 2 de xullo de 2019.- O Alcalde, Jose Luis López López.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/07/2019

Page count21

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions