Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

19

Núm. 172 luns, 29 de xullo de 2019

BOP Lugo
No eido do deporte, ocupación do tempo libre e xuventude, correspóndelle a xestión das políticas municipais de programación de actividades e infraestructuras deportivas de ocio e para a mocidade, participación xuvenil, planificación e promoción da ocupación do tempo libre da xuventude.
4. AREA DE PRESIDENCIA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, OBRAS E URBANISMO, VIVENDA, PERSOAL, FACENDA E
MOBILIDADE E SERVIZOS MUNICIPAIS
No eido do desenvolvemento económico, correspóndelle a esta área a xestión de plans de formación doutras admnistracións públicas, programas de cooperación en materia de emprego doutras administracións, a xestión das políticas municipais tendentes á dinamización e potenciación da vida económica local, as políticas municipais en materia de industria, turismo e promoción dos valores turísticos do Concello, a fixación dos obxectivos para a promoción de actividades económicas do Concello, as relacións cos axentes sociais na percura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas.
No eido das Infraestruturas, correspóndelle a esta área o seguemento da execución dos diferentes plans de obras, xa sexan autonómicos ou provinciais, e dos plans de investimentos nas parroquias do Concello, incluída a mobilidade e seguridade viaria da rede municipal.
Esta área comprende, no eido do Urbanismo, a xestión urbanística; a execución de planeamento; expropiacións por razóns de urbanismo, políticas municipais de dotación de solo para vivendas sociais, promoción de vivendas sociais, licenzas urbanísticas de todo tipo, comunicacións previas, licenzas para o exercicio de actividades e comunicacións previas de actividade, expedientes de disciplina urbanística.
En materia de Paticipación Veciñal, correspóndelle a política de información ao cidadá.

No eido das obras públicas, correspóndelle a esta área o seguemento das obras públicas municipais, dos investimentos en conservación de edificios e equipamentos públicos, mesmo planificación dos pequenos investimentos nas materias indicadas; tamén no eido dos equipamentos públicos, as competencias municipais en materia de praias, cemiterios, parques e xardíns e parque empresarial. Tamén correspóndenlle as competencias en materia de limpeza viaria, roces, e limpeza de edificios públicos.
No eido de Réxime interior e Persoal, a xestión dos recursos humáns do Concello, os aspectos relativos á organización do Concello, métodos de traballo e instruccións correspondentes, agás as relacións cos representantes dos empregados públicos e Mesa xeral de negociación.
No eido da seguridade, correspóndelle a xestión da seguridade cidadá.
Correspóndelle a área de Presidencia a coordinación das diferentes áreas municipais.
En concreto intégranse na área de Presidencia, no eido de Persoal, as relacións cos representantes dos empregados públicos e a presidencia da Mesa xeral de negociación, oferta de emprego público.
No eido do Urbanismo, conserva esta área as competencias en materia de planeamento relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística, incluída a súa redacción.
En materia de Contratación, esta área asume a xestión dos procedementos de contratación do Concello.
No eido da Transparencia, correspóndelle a actualización dos datos contidos no Portal de Transparencia do Concello de Muras e da páxina web municipal.
En materia de Facenda, ocuparase esta área, en materia de gastos, da xestión orzamentaria do concello, seguimento e control dos orzamentos, xestión económica e financieira da Administración; en materia de ingresos, recursos económicos do concello, xestión tributaria e de recadacion, política fiscal, preparación de ordenanzas fiscais e estadística Correspóndelle tamén a esta área todas aquelas materias non asignadas expresamente a outra área de goberno.
SEGUNDO.Corresponderá á Alcaldía a coordinación do funcionamento das áreas municipais, así como a resolución das cuestións que xurdan en torno á adscripción a unha área determinada dunha concreta materia.
TERCEIRO.- Delegar na concelleira, dona Belén Chao Ramil a Área de Benestar Social, Muller e Igualdade.
CUARTO.- Delegar na concelleira, dona Cristina Franco Pardo a Área de Educación, Cultura e Patrimonio.
QUINTO.- Delegar no concelleiro don Mario Rouco Rey, a Área de Medio Rural e Medio Ambiente, Novas Tecnoloxías e Deporte.
SEXTO.- A Área de Presidencia, Promoción Económica, Obras e Urbanismo, Vivenda, Persoal, Facenda e Mobilidade e Srvizos Municipais é asumida polo Alcalde-Presidente do Concello de Muras, don Manuel Requeijo Arnejo.
SÉTIMO.- Notificar persoalmente a presente resolución aos designados, que se considerará aceptada tácitamente, salvo manifestación expresa; e remitir a Resolución de nomeamento ao Boletín Oficial da Provincia para a súa
Anuncio publicado en: Num BOP 172 año 2019 26/07/2019 11:21:48
29/07/2019 08:00:00

No eido dos Servizos Municipais, correspóndelle a esta área, o mantemento dos servizos básicos municipais de iluminación pública, abastecemento de auga e saneamento, acometidas, recollida de residuos sólidos urbanos.
Inclúese o mantemento e conservación de vías públicas

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/07/2019

Page count21

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions