Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 171 sábado, 27 de xullo de 2019

BOP Lugo
SEGUNDO.- Se o día en que correspondera celebrar sesión ordinaria fora festivo ou véspera de festivo, poderase adiantar ou retrasar a data de celebración, sen que exceda de sete días naturais, circunstancia que se acordará mediante Decreto da Alcaldía que será debidamente notificado aos membros corporativos.
TERCEIRO.- En casos excepcionais e concretos debidamente xustificados, e previa consulta aos voceiros dos diferentes grupos políticos, facúltase ao Sr. Alcalde para modificar o día e a hora de celebración das sesión ordinarias, o que se acordará no mesmo Decreto de convocatoria.
B.3 Constitucion e composición das Comisións Infomativas.
ACORDO
PRIMEIRO.-Non constituir neste Concello os órganos ós que se refire o artigo 20.1.c da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, segundo a redacción dada ó mesmo pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e preceptos concordantes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais do 28 de novembro de 1986.
SEGUNDO.-Constitui-la Comisión Especial de Contas, a quen lle corresponderá o exame, o estudio e o informe da Conta Xeral e das demáis contas anuais, e que para acomodar a súa composición á proporcionalidade existente entre tódolos grupos políticos representados na Corporación, propoño a seguinte composición:
-2 representantes do Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia P.S. de G
-1 representante do Grupo Municipal do Partido Popular P.P.
A presidencia será ostentada polo Sr. Alcalde D. Benigno Gómez Tadín.
TERCEIRO.-As sesións ordinarias da Comisión Especial de Contas celebraranse con anterioridade ao pronunciamento do Pleno sobre as contas anuais, e nos días e horas que fixe a Alcaldía.

B.4 Delegación de atribucións do Pleno da Corporación na Xunta de Goberno local.
ACORDO:
Primeiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local a totalidade das atribucións delegables do Pleno, é dicir, agás as enumeradas no artigo 22.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na súa vixente redacción e todas as demais competencias que de xeito expreso lle atribúan as leis, que non sexan declaradas indelegables, e os acordos que no exercicio destas deban ditarse sempre que non esixan os quorums que se establecen nos parágrafo 2º do artigo 47 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e nomeadamente:
a O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.
b A declaración de lesividade dos actos do Concello.
c A concertación das operacións de crédito cuxa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do Presupuesto -agás as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior de conformidadecodisposto na Lei Reguladora das FacendasLocaIs d A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, aínda que non estean previstos nos Presupostos.
e A disposición de gastos en materia da súa competencia art. 166.3 do TRLRFL.
f As competencias que como órgano de contratación lle correspondan consonte o previsto na Disposición Adicional apartados 2 e 3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro,de Contratos do Sector Público.
g A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor supere o 10% dos recursos ordinarios do Presuposto ou as contías establecidas pola lexislación sectorial de aplicación, así como os alleamentos patrimoniais cando o seu valor supere as mesmas porcentaxes e contías indicados para as adquisicións de bens.
h A formulación de peticións de subvención cando a lexislación especifica requira acordo plenario.
Segundo.- A delegación de competencia refírense, en todas as materias delegadas, tanto a competencia para ditar actos de trámite como actos resolutorios sobre o fondo do asunto e que afecten a terceiros. Nestes supostos os acordos adoptados pola Xunta de goberno local poñerán fin á vía administrativa.
Terceiro.- O exercicio das competencias delegadas farase de conformidade con canto se estableza na lexislación de aplicación e co réxime xeral previsto no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Cuarto.- Publíquese na súa parte dispositiva no Boletin Oficial da Provincia, de conformidade con canto se establece polo artigo 51.2 do ROF.

Anuncio publicado en: Num BOP 171 año 2019 26/07/2019 11:09:54
27/07/2019 08:00:00

CUARTO.-A adscripción concreta á Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma, en representación de cada grupo, realizarase mediante escrito do Portavoz do mesmo dirixido ó Alcalde, e do que se dará conta ó Pleno. Deberá designarse un suplente por cada grupo municipal.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/07/2019

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions