Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 171 sábado, 27 de xullo de 2019

BOP Lugo

Os servizos telefónicos, enerxía eléctrica e similares, que se liquiden con arreglo ás tarifas oficialmente aprobadas.

Os intereses e amortizacións de préstamos, gastos por xestión de recibos e comisión bancarias.

Gastos derivados de publicación de anuncios en boletíns oficiais, taxas administrativas e multas e sancións.

As certificacións derivadas das contratacións e concesións de toda clase.

Facturas de contía inferior a 4000 €.

Pagos de IRPF e IVA.

3.- Aprobación de liquidacións de ingresos directos derivados de licenzas e autorizacións delegadas na Xunta de Goberno Local.
4. Acordos relativos a concesión de subvencións dentro dos créditos orzamentarios a tal fin destinados.
5.- Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento aprobado e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, e aprobar as bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo.
6.-As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanístico e dos proxectos de urbanización.
7.-Aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no Orzamento.
8.-.A adquisición de bens e dereitos dentro dos límites establecidos na DA segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro ,de Contratos do Sector Público.

10.-O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do Concello nas materias de competencia da alcaldía.
TERCEIRO.- En calquera momento esta alcaldía poderá avocar para si, con carácter individualizado, calquera asunto entre os comprendidos na esfera das atribucións delegadas e resolver sobre o mesmo.
Independente das competencias que se delegan esta alcaldía poderá someter a consideración da xunta de goberno local como órgano de deliberación, asesoramento e apoio a esta alcaldía calquera asunto da súa competencia que sexa delegable e sometelo a votación.
CUARTO.- Da presente resolución darase conta ao Pleno na primeira sesión que este celebre, notificarase persoalmente aos designados e publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao da data en que se dita a mesma.
B. ACORDOS PLENARIOS
B.1 Constitución da Xunta de Goberno local e periodicidade das sesións ordinarias ACORDO
PRIMEIRO. Constituír a Xunta de Goberno Local, cuxo obxecto será a asistencia permanente a Alcalde no exercicio das súas atribucións, así como exercer, no seu caso, as atribucións que Alcalde ou outro órgano municipal deleguelle ou as que lle atribúan as leis.
SEGUNDO. A Xunta de Goberno Local estará integrada por Alcalde, que será o seu presidente, e por un número de 3 Concelleiros que serán nomeados libremente por Alcalde como membros da mesma.
TERCEIRO. A Xunta de Goberno Local axustará o seu funcionamento ao disposto nos artigos 112 e 113 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, a cuxos efectos se propón que a Xunta celebre sesión ordinaria coa seguinte periodicidade: segundos e cartos xoves de cada mes,ás 13:00 horas.
B.2 Periodicidade das sesións ordinarias do Pleno ACORDO
PRIMEIRO.- Establecer para o presente mandato corporativo o seguinte réxime de sesións ordinarias:
Periodicidade: cada dous meses.
Día: derradeiro mércores dos meses de: febreiro, abril, xuño , agosto , outubro e decembro.
Hora: vinte horas 20:00 os plenos de abril , xuño e agosto e dezanove horas 19:00 os plenos de febreiro ,outubro e decembro .
Lugar: Salón de sesións da Casa Consistorial, salvo forza maior.

Anuncio publicado en: Num BOP 171 año 2019 26/07/2019 11:09:54
27/07/2019 08:00:00

9.-O outorgamento das licenzas, agás que as leis sectoriais o atribúan expresamente ao Pleno.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/07/2019

Page count15

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions