Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 167 luns, 22 de xullo de 2019

BOP Lugo
Castroverde, 15 de xullo de 2019.- O Alcalde, Xosé M Arias Fernández.
R. 2211

Anuncio DECRETO DO 1 DE XULLO DE 2019
NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE E DELEGACIÓN DE FUNCIÓNS.
Vista a celebración das eleccións municipais o día 26 de maio de 2019 e procedéndose o día 15 de xuño á constitución da nova Corporación Local, en virtude das atribucións que me confiren os artigos 21.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 46.1 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado por Real decreto 2568/1986, RESOLVO:
PRIMEIRO. Designar como Tenentes de Alcalde deste Concello de Castroverde, aos seguintes Concelleiros:
Primeiro Tenente de Alcalde: D. Eduardo Álvarez López.
Segunda Tenente de Alcalde: Dona Isabel Pérez García.
Terceiro Tenente de Alcalde: D. Alberto Castro Sal.
SEGUNDO. Os Tenentes de Alcalde nomeados terán como cometido a substitución do Alcalde en todas as súas funcións, pola orde en que están nomeados, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite o exercicio das atribucións que me competen, así como nos supostos de vacante da Alcaldía, tal como determina o artigo 47 do Regulamento citado.
TERCEIRO.- Delegar nos concelleiro e concelleira, que de seguido se citan, as seguintes atribucións:

- Dona M del Pilar Ferreiro Villar, Delegación de Cultura, Educación, Xuventude e Deporte.
As delegacións comprenden a dirección e xestión dos servizos correspondentes, non incluíndo a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
CUARTO.- Esta Resolución, da que se dará conta ao Pleno e publicarase Boletín Oficial da Provincia, notificándose ós nomeados, terá efectividade dende o día seguinte ao da súa sinatura.
DECRETO DE ALCALDÍA DO 15 DE XULLO DE 2019
Creada a Xunta de Goberno Local, por acordo adoptado polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 5 de xullo de 2019, de conformidade coas facultades que me son conferidas nos artigos 21 e 23 da Lei 7/1985
de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 62 e 65 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de administración local de Galicia e 46 e 52 do Real Decreto 2568/86 de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, polo presente RESOLVO:
Primeiro.- Designar membros da Xunta de Goberno Local aos seguintes concelleiros e concelleira:
-Don Eduardo Álvarez López, Primeiro Tenente de Alcalde -Dona Isabel Pérez García, Segunda Tenente de Alcalde -Don Alberto Castro Sal, Terceiro Tenente de Alcalde Segundo.- Fixar a periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local en dúas sesións mensuais, a celebrar o primeiro e o terceiro mércores ás 14 horas. De coincidir en festivo, a sesión celebrarase o seguinte día hábil.
Terceiro.- A Xunta de Goberno celebrará sesión constitutiva o vindeiro día 17 de xullo de 2019, ás 13:50 horas, celebrando, de seguido, a súa primeira sesión ordinaria.
Cuarto.- Corresponderá á Xunta de Goberno Local, ademais da asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas atribucións, e as que lle delegou o Pleno en sesión de 5 de xullo de 2019, e sen prexuízo da adopción dos actos que sexan de mero trámite que corresponderán a esta Alcaldía, a facultade de resolver nas seguintes materias, atribuídas legal ou regulamentariamente á Alcaldía, e que agora delego:
En materia de contratación.
-As contratacións e concesións de toda clase que son competencia de Alcaldía, en virtude do establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público LCSP, é dicir, aquelas nas que o seu importe non supere o dez por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, os seis millóns de euros incluídas as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as anualidades non superen nin a porcentaxe indicada, referido
Anuncio publicado en: Num BOP 167 año 2019 18/07/2019 14:10:40
22/07/2019 08:00:00

- D. Eduardo Álvarez López: Delegación de Obras e Servizos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/07/2019

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions