Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 167 luns, 22 de xullo de 2019

BOP Lugo
TERCEIRO.- Delegar na Alcaldía, a adxudicación dos contratos, á que fai referencia o artigo 150.3 do texto refundido da lei de contratos do sector público.
CUARTO.- O réxime xurídico aplicable á presente delegación será o previsto con carácter xeral nos artigos 8 e seguintes da Lei 40/2015, de 1 de outubro e os artigos 114 a 118 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
QUINTO.- O presente acordo producirá efectos desde o día seguinte ao da súa adopción, sen prexuízo da súa publicación no B.O.P. de Lugo, conforme ao establecido no art. 51.2 do R. D. 2568/1986, de 28 de novembro.
RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓNS A MEMBROS DA CORPORACIÓN.
PRIMEIRO.- Establecer como cargos que levarán aparellada réxime de dedicación os seguintes:
-A Alcaldía-Presidencia, en réxime de dedicación parcial, cunha dedicación do 80% da xornada ás tarefas propias do cargo, que poderán variar segundo as necesidades dos servizos, cunhas retribucións brutas anuais de 33.132,82 €, distribuídas en doce pagas ordinarias e dúas extraordinarias nos meses de xuño e decembro.
-A Delegación de Cultura, Educación, Xuventude e Deporte, en réxime de dedicación exclusiva ás tarefas propias do cargo, que non obstante poderán variar segundo as necesidades do servizo, cunhas retribucións brutas anuais de 23.800 € distribuídas en doce pagas ordinarias e dúas extraordinarias nos meses de xuño e decembro.
SEGUNDO.- Quen ostente o cargo será dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, asumindo o concello a cota empresarial que corresponda.
TERCEIRO.- O importe das retribucións actualizarase anualmente conforme ás previsións que nas Leis de Presupostos do Estado se establezan ao respecto.
INDEMNIZACIÓN POR ASISTENCIA A SESIÓNS, DIETAS E GASTOS DE DESPRAZAMENTO DOS MEMBROS DA
CORPORACIÓN.

1.- Os membros corporativos que non teñan dedicación exclusiva ou parcial, percibirán por asistencia efectiva a cada sesión:
- Por asistencia a cada sesión de Pleno: 110 euros.
- Por asistencia a cada sesión de Xunta de Goberno: 60 euros.
- Por asistencia dos representante deste concello ás sesións dos órganos colexiados dos que forman parte: 70
euros.
2.- INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DO SERVICIO
-Gastos de locomoción con vehículo propio: 0,30 euros/km. Fíxase a distancia a Lugo, a efectos de indemnización, en 50 quiilómetros, ida e volta, quedando excluído o aboamento de gastos de aparcamento e similares. A
xustificación farase mediante declaración responsable, na que consten, polo menos, os seguintes extremos: día, motivo e km percorridos.
Dieta por manutención, fóra do concello:
Media dieta: 40 € /día Dieta completa sen pernocta : 80 € /día A xustificación farase mediante declaración responsable, na que consten, polo menos, os seguintes extremos:
día, motivo, hora de saída e hora de chegada.
Os gastos de aloxamento, aboaranse coa presentación da correspondente factura.
Calquera outro tipo de indemnización será aprobada pola Xunta de Goberno, previa presentación dos correspondentes xustificantes dos gastos.
ASIGNACIÓN ECONÓMICA AOS GRUPOS MUNICIPAIS.
1.- A dotación aos Grupos Políticos, será en función das seguintes contías:
-Unha cantidade fixa de 40 euros mensuais por Grupo.
-Unha cantidade variable, en función do número de concelleiros, de 30 euros mensuais por cada concelleiro.
2.- Os pagos aos Grupos faranse con carácter trimestral, con efectos desde a adopción deste acordo.
3.- O importe da dotación establecida non poderá destinarse ao pago de remuneracións de persoal de calquera tipo ao servizo da Corporación, ou a adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial.
4.- Os Grupos deberán levar unha contabilidade específica da dotación establecida, que se poñerá a disposición do Pleno do Concello, sempre que este o solicite.

Anuncio publicado en: Num BOP 167 año 2019 18/07/2019 14:10:40
22/07/2019 08:00:00

INDEMNIZACIÓN POR ASISTENCIA Á SESIÓNS.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/07/2019

Page count22

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions