Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 163 mércores, 17 de xullo de 2019

BOP de Lugo
QUINTO.-ASIGNACIÓN OS GRUPOS POLÍTICOS.
De conformidade co artigo 73.3 da LRBRL, proponse ao Pleno da Corporación a asignación, con cargo aos orzamentos anuais da mesma, ós tres grupos políticos da Corporación unha dotación económica trimestral que contará dun compoñente fixo ascendente a 10 € ó trimestre para cada grupo, e un variable, en función do número de membros de cada grupo, dunha contía de 150 € por concelleiro do grupo político. Esta asignación soamente poderá utilizarse para gastos de funcionamento do grupo, como son gastos de papelería, material de oficina, comunicacións, desprazamentos pero en ningún caso poderán destinarse a retribucións do persoal ao servizo do Concello, nin a adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial. O
Grupo perceptor da dotación económica virá obrigado a levar una contabilidade específica e render contas de seu emprego á Intervención Municipal ou poñelas a disposición do Pleno cando este así o requira. A efectos da súa xustificación perante o departamento de Intervención, será necesario aportar as correspondentes facturas que foran emitidas a nome de cada grupo político da corporación municipal.
SEXTO.- Que se publique o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Anuncios da Corporación, para que sexan de xeral coñecemento.
Cervo, 9 de xullo de 2019. O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.
R. 2131

Anuncio O Pleno do Concello de Cervo, na sesión extraordinaria do día 4 de xullo de 2019, acordou, por maioría absoluta dos membros da Corporación, a determinación do número, características e retribucións do persoal eventual de confianza ou asesoramento especial para o mandato 2019-2023. a saber:

a Denominación: "Persoal eventual en materia de información e comunicación no eido local". 1 praza.
b Características: Atribúenselle as tarefas de estratexia global de comunicación e relación directa cos medios e redes sociais así como calquera outra correspondente á súa categoría e propia da unidade correspondente.
c Retribucións: 18.200,04€ brutos anuais e 5.960,52€ de Seguridade Social.
d Dedicación: Exclusiva e no horario de traballo determinado en función das necesidades existentes.
Cervo, 9 de xullo de 2019. O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.
R. 2132

Anuncio DECRETO DE ALCALDÍA
D. ALFONSO VILLARES BERMÚDEZ; ALCALDE DO CONCELLO DE CERVO LUGO, Unha vez celebradas as eleccións municipais, o pasado día 26 de maio de 2019 e constituído o novo Concello ou Corporación Municipal, resulta necesario e conveniente proceder ó establecemento da nova organización municipal e, en particular, á constitución da Xunta de Goberno Local, en exercicio da potestade de autoorganización que o art. 4.1a da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, recoñece a esta entidade.
Considerando o disposto nos art. 20.1.b e 23 da citada Lei, que indica que A Xunta de Goberno Local existe en tódolos municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o seu Regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu Concello, en concordancia coa previsión da lexislación autonómica de réxime local contida no art. 65.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, que establece que a Xunta de Goberno estará integrada polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ó terzo do número legal deles, nomeados ou separados libremente polo Alcalde, que deberá darlle conta disto ó Pleno.
Por todo elo, esta Alcaldía, no uso das atribucións que me confire a lexislación citada RESOLVE
PRIMEIRO.- Que a Xunta de Goberno Local, presidida por esta Alcaldía, estará integrada polas tres concelleiras que a continuación se indican:
- D. M. Dolores García Caramés.
- D. M Concepción Pilar Armada Carrete.
- D. Denise Galán López.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2019 16/07/2019 09:51:14
17/07/2019 08:00:00

PRIMEIRO.- Determinar o número, características e retribucións do persoal eventual de confianza ou asesoramento especial para o mandato 2019-2023:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2019

Page count30

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions