Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 163 mércores, 17 de xullo de 2019

BOP de Lugo
En cumprimento do disposto no artigo 169.1, por remisión do artigo 177.2., do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, sométese o expediente á exposición pública durante o prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.
De conformidade co acordo adoptado, o expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan alegacións.
Castroverde, 10 de xullo de 2019.- O alcalde, Xosé María Arias Fernández.
R. 2137

CERVO
Anuncio O Pleno do Concello de Cervo, na sesión extraordinaria do día 4 de xullo de 2019, acordou, por maioría absoluta dos membros da Corporación, a distribución de dedicacións exclusivas, parciais e compatibilidades, asistencias a órganos colexiados, indemnizacións e asignacións a grupos políticos, a saber:
PRIMEIRO.-DEDICACIÓNS PARCIAIS.

-A Delegación de FACENDA, EDUCACIÓN, CULTURA E PATRIMONIO e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía, será asumida por D M Dolores García Caramés. Exercerase en réxime de DEDICACIÓN PARCIAL de forma que se realice unha dedicación mínima de 128 horas ó mes, exercidas segundo as necesidades da Delegación e que deberán ser xustificadas documentalmente. A DEDICACIÓN PARCIAL suporá unha retribución anual de 19.599,96 € brutos, en catorce pagas iguais doce ordinarias e dúas extraordinarias.
-A Delegación de DEPORTES, TURISMO, FORMACIÓN E EMPREGO e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía, será asumida por Don David Rodríguez Pernas. Exercerase en réxime de DEDICACIÓN PARCIAL de forma que se realice unha dedicación mínima de 120 horas ó mes exercidas segundo as necesidades da Delegación e que deberán ser xustificadas documentalmente. A DEDICACIÓN PARCIAL suporá unha retribución anual de 18.200,04 € brutos, en catorce pagas iguais doce ordinarias e dúas extraordinarias.
-A Delegación de MEDIO AMBIENTE, OBRAS E INFRAESTRUTURAS, SANIDADE E POLICIA LOCAL, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía, será asumida por Dona Manuela Méndez Álvarez.
Exercerase en réxime de DEDICACIÓN PARCIAL de forma que se realice unha dedicación mínima de 113 horas ó mes, exercidas segundo as necesidades da Delegación e que deberán ser xustificadas documentalmente. A
DEDICACIÓN PARCIAL suporá unha retribución anual de 13.089,96 € brutos, en catorce pagas iguais doce ordinarias e dúas extraordinarias.
TERCEIRO.-ASISTENCIA A ÓRGANOS COLEXIADOS.
A asistencia constitúe unha dieta ou honorario que se lle recoñece ós membros da Corporación que non perciben retribucións por dedicación parcial ou exclusiva pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados de que formen parte, na contía sinalada polo Pleno, segundo dispón o artigo 75.3 da LBRL. Sendo a retribución bruta a obter por asistencia a cada sesión, a seguinte:
- Por Pleno: 50 € por sesión.
- Por Xunta de Goberno Local: 150 € por sesión.
CUARTO.-INDEMNIZACIÓN POR RAZÓN DO SERVIZO.
O artigo 75.4 da LRBRL sinala que teñen dereito a percibir indemnizacións polos gastos correspondentes a dietas por manutención, aloxamento e transporte con motivo de comisións de servizo, desprazamento fóra do termo municipal efectuados por razón do cargo e outros que correspondan a idéntica motivación sempre que sexan debidamente autorizados e sexan xustificados documentalmente, tódolos membros da Corporación, incluídos os que desempeñen o cargo en réxime de dedicación exclusiva ou parcial.
Os correspondentes gastos serán aboados de conformidade coas disposicións contidas no RD 462/2002, de 24
de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo; así como as modificacións que poida sufrir, asimilando ó Alcalde e aos Concelleiros ó Grupo Primeiro a que se refire o Real Decreto citado.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2019 16/07/2019 09:51:14
17/07/2019 08:00:00

-A COORDINACIÓN DAS DISTINTAS DELEGACIÓNS será asumida polo Alcalde, don Alfonso Villares Bermúdez.
Exercerase en réxime de DEDICACIÓN PARCIAL de forma que se realice unha dedicación mínima de 148,5 horas ao mes, exercidas segundo as necesidades, que deberán ser xustificadas documentalmente. A DEDICACIÓN
PARCIAL suporá unha retribución anual de 42.000,00 € brutos, divididos en catorce pagas iguais doce ordinarias e dúas extraordinarias.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2019

Page count30

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions