Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 162 martes, 16 de xullo de 2019

BOP Lugo
3.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30
de outubro.
b Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder de 65 anos.
cEstar en posesión dalgunha das seguintes titulacións no caso da praza de Xefe de Brigada: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
- Estar en posesión de certificado de escolaridade para as prazas de peóns.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán aportar documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
d Estar en posesión de permiso de conducir B si se opta ás prazas de Xefe de equipo e Peón Condutor.
eAcreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.

No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
g Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
Os requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.
4.- PROCESO DE SELECCIÓN.
Constará das seguintes fases:
A.- CONCURSO: Consistente na cualificación dos méritos dos/das aspirantes.
- PRAZAS DE XEFE DE EQUIPO E PEÓN CONDUTOR.
1.-Por experiencia profesional: traballos realizados como xefe de equipo/capataz/peón en brigadas contra incendios e/ou capataz/peón de Grupo Municipais de Intervención Rápida, Técnicos en protección civil ou postos con similares funcións:
a Na Administración Pública: 020 puntos/mes; máximo 2 puntos.
b Na empresa privada: 010 puntos/mes; máximo 1,5 puntos.
Non se computarán as fraccións inferiores a un mes. En todos os casos os meses consideraranse de 30 días naturais.
2. Por asistencia a cursos relacionados co posto de traballo convocado protección civil, incendios, primeiros auxilios ata un máximo de 5 puntos:
- Por cada curso de menos de 20 horas de duración: 0,20 puntos.
- Cursos de duración de 20 a 60 horas: 0, 25puntos.
- Cursos de duración de 61 a 100 horas: 0, 50 puntos.
- Cursos de duración superior a 100 horas : 1 punto.
Os cursos que non se presenten coa acreditación das horas lectivas, estimaranse igual que os menores de 20
horas.
3.- Cursos de galego:
- Celga 3, Curso de iniciación ou equivalente: 0,10 puntos.
- Celga 4, Curso de perfeccionamento ou equivalente: 0,25 puntos
Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2019 15/07/2019 12:14:27
16/07/2019 08:00:00

f Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/07/2019

Page count61

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions