Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 162 martes, 16 de xullo de 2019

BOP Lugo
SEGUNDO. Publicar esta correción de erro no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Bóveda, 11 de xullo de 2019.- O Alcalde, José Manuel Arias López.
R. 2162

BURELA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 2019-0598 de data 12/07/2019 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación temporal de persoal para a Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais:
BASES REGULADORAS PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DE PERSOAL
PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección de persoal con carácter temporal e en réxime laboral para a Brigada de Prevención e Defensa contra incendios forestais no marco do Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Burela para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020.:
- Un XEFE DE BRIGADA; grupo de cotización 3. Categoría profesional: Encargado de equipo - Un PEÓN CONDUTOR; grupo de cotización 10. Categoría profesional: Peón
A brigada integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe o concello, priorizando a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003 de montes e 48.6 da Lei 3/2007, de 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fóra do seu termo municipal, conforme ao previsto no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia PLADIGA.
A integración no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais realizarase baixo o mando único descrito no PLADIGA. Os traballos de extinción serán marcados sempre polo persoal de dito servizo ao responsable da brigada.
Ademais de labores de extinción, a brigada levará a cabo labores de prevención encamiñadas a diminuír o risco de propagación e minorar os danos dos incendios forestais en caso de producirse. Estes traballos consistirán na roza, rareo e eliminación de restos durante cada un dos meses de vixencia do contrato e desenvolveranse en vías e comiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal , ou en superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou desfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 da Lei 3/2007 ou superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. Todo elo cando non sexa posible a mecanización de ditos traballos.
As funcións dos postos de traballo convocados serán as establecidas en cada caso no PLADIGA.
As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP, na sede electrónica http burela.sedelectronica.es e estarán a disposición dos/as interesados/as no Rexistro Xeral do Concello.
2.- MODALIDADE DO CONTRATO.
Os contratos formalizarase baixo a modalidade de contrato por obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1.a do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e a xornada semanal completa 40 h./semana e a súa duración será de 3 meses, a contar dende a data de inicio do servizo.
A xornada laboral desenvolverase no horario que demande o servizo e con plena dispoñibilidade, incluíndo traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.
Serán de aplicación o contrato celebrado as demais causas de extinción dos contratos laborais previstas na normativa citada.
A retribución bruta mensual será de 1.240,68 €, incluída a parte proporcional da paga extra no caso do/a Xefe de brigada; 1.205,33, incluída a parte proporcional da paga extra no caso do Peón condutor; 1.169,98 € incluída a parte proporcional da paga extra no caso do Peón.

Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2019 15/07/2019 12:14:27
16/07/2019 08:00:00

- Dous PEÓNS DE BRIGADA; grupo de cotización 10. Categoría profesional: Peón

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/07/2019

Page count61

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions