Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

24

Núm. 157 mércores, 10 de xullo de 2019

BOP Lugo
Xermade, 1 de xullo de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas R. 1981

MINISTERIO DE FACENDA
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS BDNS XERMADE
Anuncio VI PREMIO DE INVESTIGACIÓN XERMADE NA HISTORIA
BDNS Identif.: 464691
O Concello de Xermade, a Asociación de Veciños de Cabreiros e a Facultade de CC. Da Educación da USC, convocan o VI Premio de Investigación Xermade na historia, financiado pola Exma. Deputación de Lugo e será regulado polas seguintes BASES
1.

Os/as interesados/as poderán participar a nivel individual ou como colectivo.

2.

Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.

3. Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, etc.
4.

Haberá dous premios:

- 2º Premio, dotado con 1.000 euros.
5. Os traballos deberán ser entregados no rexistro do Concello de Xermade baixo pseudónimo, ou a través de correo postal. En sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, enderezo, teléfono 6.

Coa presentación dos orixinais deberá ser incluída, tamén, a seguinte documentación:

- Curriculum Vitae dos solicitantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo - Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: www.xermade.org 7. Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF ou Word, fonte Times New Roman, corpo 12, DIN A4.
8. A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
9.

Os traballos deberán ser realizados e presentados e en lingua galega.

10. A data límite de presentación dos traballos será o día 15 de febreiro de 2020.
11. O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e catro vogais: Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas en materias relacionadas co patrimonio etnográfico e cultural. Actuará como secretario/a un/ha funcionario/a do concello de Xermade. A composición do xurado determinarase por resolución de alcaldía que se fará pública antes do 15 de marzo de 2020.
12. Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
13. As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito 8 días naturais a partir da data da comunicación da concesión do mesmo.
14. As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
15. A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases.
16. As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordo co seu libre criterio.
17. A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases.

Anuncio publicado en: Num BOP 157 año 2019 09/07/2019 13:51:05
10/07/2019 08:00:00

- 1º Premio, dotado con 2.000 euros.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/07/2019

Page count25

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions