Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

23

Núm. 157 mércores, 10 de xullo de 2019

BOP Lugo
- D. José Prieto Barro 1º tenente de alcalde: Medio rural, Emprego, Infraestruturas de Auga, Sumidoiro, Alumeado Público e recollida de RSU, Medio ambiente e Forestal .
- D. Carlos Alberto Guerra González 2º tenente de alcalde: Economía e Facenda, Turismo, Sanidade e Protección Civil.
- D. Verónica Amarelo Morado 3º tenente de alcalde: Educación, Cultura, Deportes, Xuventude e Relacións coas Asociacións Veciñais.
- D. Nélida Coira Pena: Benestar social e Igualdade.
Segundo.- A delegación inclúe as facultades de dirección interna e xestión dos servicios, non incluíndo a facultade de resolver ningún expediente.
Terceiro.- Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que este celebre, notificarase persoalmente ós designados e publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica do concello, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ó da data en que se dicta a mesma, consonte co disposto nos apartados 2 e 4 do artigo 44 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, do 28 de novembro de 1986.
Mándao e asínao o señor Alcalde-Presidente, en Xermade, na data indicada á marxe, do que eu, secretaria, dou fe.- O Alcalde-Presidente. Ante mín, A Secretaria.
Xermade, 1 de xullo de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas R. 1980

Faise público o Decreto núm. 300/2019, adoptado pola Alcaldía o 24/06/2019, relativo ao nomeamento de tenentes de alcalde resultante da nova organización municipal na Corporación 2019-2023, que se transcribe de seguido:
Decreto nomeamento de tenentes de alcalde.
DON ROBERTO GARCÍA PERNAS, ALCALDE DO CONCELLO DE XERMADE, LUGO.Vista a Corporación municipal resultante das eleccións celebradas o 26 de maio de 2019, procede adoptar os acordos necesarios para a posta en marcha dunha nova organización municipal.
Tendo en conta que a xunta de goberno local non é de existencia preceptiva en municipios de menos de cinco mil habitantes, a súa creación correspóndelle ao Pleno; en consecuencia, procede o nomeamento de tenentes de alcalde entre os concelleiros do grupo de goberno, non podendo exceder en número dun terzo dos membros da Corporación tres.
No uso das atribucións que me confiren os artigos 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; 62 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e 46.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, do 28 de novembro de 1986, RESOLVO:
Primeiro.- Nomear tenentes de alcalde aos concelleiros seguintes, e pola orde que se sinala:
1º. D.José Prieto Barro.
2º. D. Carlos Alberto Guerra González.
3º. D. Verónica Amarelo Morado.
Aos tenentes de alcalde, en canto tales, corresponderalles substituír ó alcalde na totalidade das súas funcións e pola orde de nomeamento, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións, así como desempeña-las funcións de alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Segundo.- Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente ós designados, e publicarase no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica do concello, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ó da presente resolución.
Mándao e asínao o Sr. Alcalde-Presidente, en Xermade, 1 de xuño de 2019 do que eu, secretaria, dou fe.
O Alcalde-Presidente,
Ante min A Secretaria
Anuncio publicado en: Num BOP 157 año 2019 09/07/2019 13:51:05
10/07/2019 08:00:00

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/07/2019

Page count25

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions