Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

13

Núm. 150 martes, 2 de xullo de 2019

BOP Lugo
7. Delegar a Presidencia da Comisión Informativa Especial de Seguimento de Servizos Sociais na Concelleira Dona Ana María Núñez García, sen prexuízo de que dita función poida ser asumida pola propia Alcaldía.
Da presente resolución, que será notificada ós interesados e publicada no BOP, darase coñecemento ó Pleno na primeira sesión que se celebre.
Quiroga, 17 de xuño de 2019.- Julio Álvarez Núñez.
Quiroga, 24 de xuño de 2019.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez.
R. 1850

RIBEIRA DE PIQUÍN
Anuncio Mediante Resolución da Alcaldía de data 28 de xuño de 2019, aprobáronse as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección dun xefe de brigada, un peón-conductor e tres peóns forestais para formar a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2019 do Concello de Ribeira de Piquín, como persoal laboral temporal, a xornada completa 100%, cunha duración de tres 3 meses.
Segundo o disposto na base quinta 5, as instancias dirixidas ao Sr. Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, -09.00 / 14.00 horas-, durante o prazo de cinco 5 días naturais, comenzando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As citadas bases atópanse publicadas na páxina web do Concello: www.ribeiradepiquin.es, podendo consultarse tamén nas oficinas municipais en horario de oficina.
Ribeira de Piquín, 28 de xuño de 2019.- O Alcalde, Roberto Fernández Rico.
R. 1908

O VICEDO
Anuncio EDICTO DE EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO
Por resolución da Alcaldía de 21 de xuño de 2019, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de maio de 2019 do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, dous meses a contar dende o día da súa publicación no Boletín . Para o cobramento dos mesmos, ós contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.
Para os demais contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pagamento en calquera oficina das entidades bancarias radicadas no termo municipal do Vicedo.
Transcorrido o prazo de pagamento en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento;
de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/07/2019

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions